Dentro das actividades da AVV O Tesón, anualmente vense celebrando unha viaxe social, á que se invita á poboación en xeral. As viaxes teñen un obxectivo dobre: o coñecemento de circunstancias do noso entorno coas que se poda establecer unha relación con Ribadeo e o ser un aglutinante social.
No presente ano, dita viaxe terá lugar o próximo 28 de setembro tendo como destino o Castro de Coaña e Navia, onde se fará un pequeno circuíto de visita. Asemade, estanse a preparar outras actividades dentro da viaxe, como o contacto coa asociación ‘La Casa Azul’ para a presentación das súas actividades e os seus locais.
A visita está motivada de novo por ter caído o Castro das Grobas na falta de mantemento do pouco que se levaba feito, aproveitando a viaxe a esa zona para entrar en contacto e dar a coñecer unha agrupación que está a organizar moitas actividades no occidente asturiano.
A viaxe está subvencionada para os asociados, resultando o prezo do autobús en 6 € para socios e 12 € para non socios. A saída terá lugar o sábado 28 da Praza do Mercado en Ribadeo, ás 10 da mañá, e o retorno espérase para media tarde.
Para inscribirse, poñerse en contacto con algún directivo de O Tesón ou chamar ós teléfonos 629806592 ou 663749442.




















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



