Don Ramón Fernández Mato foi un ilustre persoeiro, natural de Boiro, na ría de Arousa, que arredor dos anos 20 casou con rica dona valadourense. Xornalista (foi o primeiro director de “El Pueblo Gallego”, naquel entón o rotativo mais prestixoso do noso país, propiedade de Portela Valladares), escritor e político; eran moitos os seus amigos destas capas sociais, e mesmo doutros espectros da farándula: músicos, poetas, actores e actrices, toreiros e demais. O estoupido da incivil pillouno de Director Xeral de Seguridade (antes fora gobernador civil, diputado, etc.) e fixo que ante o que se viña enriba fuxise a Cuba, embarcando clandestinamente na bahía de Alicante, e naqueles países hispanos permañeceo ata que en 1964 voltou á terra residindo 4 anos en Foz.
Foi entón cando o visitou o xornalista e escritor Alvaro Ruibal, compostelán afincado en Barcelona como redactor de La Vanguardia. Do encontro foi testemuña este cronista. Catro anos mais tarde (1968), Ruibal publicou unha crónica de viaxes polo norte; fala da nosa bisbarra e conta cómo Mato relatou que recén casado con dona Pepita, convidou ó seu amigo, o mestre Padilla, a pasar unha tempadiña no seu pazo conxugal “solanero y romántico”, dí o reporteiro, e alí Padilla compuxo o tan famoso pasodoble “El Relicario”. “ Escribir esta abigarrada españolada bajo las carballeiras galaicas- di A. Ruibal- resulta un despropósito, pero las cosas vinieron de esta manera” e engade: “…don Ramón deambula por las calles de Foz invadido por la nostalgia. Es un anciano fornido, alto, todavía vital al que robaron su tiempo. ¡por favor devuélvanle el tiempo a Fernández Mato…!” (La Vanguardia 28 – 6 –68).
Suso Fernández
Cronista Oficial de Foz

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



