A Mariña, 12 de setembro de 2013. Emigrantes da comarca afectados polos expedientes sancionadores iniciados pola Axencia Tributaria Española por non declarar as pensións recibidas desde outros países desde 2008, constituíron onte a xestora do Colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña.
Esta xestora, que estará formada por 5 persoas, Moncho Pena, Lionel Rexes, Luis Cabrera, José Fraga e Gonzalo Villarmea, e na que non se descartan novas incorporacións, iniciará os traballos de defensa dos dereitos dos afectados e afectadas polo que consideran unha ‘estafa perpetrada polo Goberno do Estado español’, o vindeiro mércores, cunha xuntanza para impulsar os acordos e propostas definidos na asemblea de onte.
Continuar informando a moita xente que descoñece que está afectada
O Colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña continuará coa campaña informativa dirixida por unha banda a dar a coñecer a toda sociedade da comarca esta problemática que afecta a centos de veciñas e veciños, e por outra parte para informar a moitos emigrantes retornados que poden estar afectados e que aínda non o saben. Neste senso, desde o Colectivo, confírmase que nas vindeiras semanas está previsto convocar xuntanzas en concellos como Mondoñedo, Riotorto e o Valadouro que se repetirán noutros municipios. Ademais, estes encontros complementaranse con outro material informativos que se repartirá nos concellos da comarca
Recollida de sinaturas para demandar da Axencia Tributaria un cambio de postura
Outra das accións acordadas na asemblea de onte polo Colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña é a recollida de firmas entre os mariñáns para instar ao Goberno central, concretamente á Axencia Tributaria, a que paralice os expedientes sancionadores iniciados contra estes emigrantes e a que anule as sancións xa impostas que, nalgúns casos superan os 30.000 euros. “A xente síntese estafada por Facenda que mal informou cando quixeron tributar polas súas pensións do estranxeiro e recomendoulles non facelo paras agora esixirnos todo de golpe”. Non é xusto que a nós, querendo tributar se nos trate como defraudadores e a outros que evadiron grandes capitais sabendo o que facían se lles premie con amnistías fiscais.”
Queremos contribuír, xa o fixemos durante moitos anos enviando divisas, pero queremos un trato xusto e non puñaladas polas costas
Esta situación está a provocar que algúns dos afectados e afectadas incluso sopesen volver aos países aos que emigraron hai décadas en canto se sinten dobremente enganados porque foron mal informados pola administración pública estatal que lles asegurou que non era necesario declarar as pensións que percibían do estranxeiro; outro aspecto que confirma a falla de vontade e intencionalidade dos emigrantes retornados de defraudar a facenda.
Este asunto evidencia, ademais, a diferenza de trato do Goberno central cos evasores que deliberadamente estafan á facenda pública e coa xente honrada á que agora se lle pretenden espoliar os seus aforros a consecuencia dun cambio lexislativo do que non se lles informou.
O colectivo acordou, tamén, reunirse con representantes dos grupos políticos dos concellos da comarca para valorar a posibilidade de presentar mocións que incidan na defensa dos intereses dos e das emigrantes retornados.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



