Xove acolleu o Día da Bici o sábado 21 de setembro, organizado pola ACD Xove cunha participación de 260 ciclistas que tomaron a saída dende o Centro Cívico de Xove para realizar un paseo pola vila. A continuación, o grupo dos máis grandes realizou unha ruta de 16 km polas parroquias de Lago, Moras e Sumoas. durante este tempo, os máis pequenos desfrutaron de xogos nas bicis, globoflexia, pintura de caras… na Praza do Concello. Despois da merenda para todos realizouse o sorteo de material deportivo doado por distintas casas comerciais. O alcalde e a concelleira de deportes fixeron entrega do premio estrela, unha bicicleta doada polo Concello. Pablo Filgueiras, con tan só dous anos, conseguiu o premio ao participante máis novo en rematar a ruta pequena por Xove, mentres que o trofeo ao participante máis veteranos foi para Tomás López Amado.





















Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



