José Ramón Gómez Besteiro, candidato á secretaría xeral do PSdeG, pecha esta noite a campaña en Santiago despois de realizar 63 encontros coa militancia por toda Galicia e percorrer uns 5.600 quilómetros en só 10 días, unha media de case 600 quilómetros diarios, que se suman aos preto de 10.000 das visitas polas catro provincias nos últimos meses. “Cada un dos votos fará un pouco máis grande o novo proxecto socialista para acadar o cambio en Galicia, porque o PSdeG forte, unido e renovado empeza mañá coa forza do voto da militancia”, afirma o socialista.
“A miña corrente é o PSdeG e o meu equipo, a militancia”, lembrou Gómez Besteiro, que que lle pide á militancia a confianza na súa candidatura e anima a votar “con cabeza, co corazón e ao candidato que mellor poida facerlle fronte á dereita de Feijóo”. Asimesmo, chama á participación e lembra que “as eleccións aínda hai que gañalas e decídense mañá”.
Besteiro, que ten hoxe de novo unha axenda apretada na que pasará por Padrón, Ribeira, Porto do Son, Noia, Negreira ou Ames antes de chegar a Santiago, anima á militancia a amosar mañá “o orgullo de ser socialistas” e ir por diante nun proceso de participación pioneiro. “Nunca aprendín tanto como político e como persoa como percorrendo as agrupacións galegas”, asegura Besteiro, que lanza un compromiso: “Estou preparado para renovar. Teño a firme determinación de liderar este partido porque temos moito que ofrecerlle á sociedade. Se é así, vou deixar a pel en recuperar a confianza dos galegos e galegas e traballarei cada un dos días que veñen para acadar o cambio e devolverlle a esperanza as familias”, afirma.
“Recoméndolle ao señor Feijóo que o seu partido probe a saír de Soutomaior e de castelos pechados e faga este exercizo de democracia”, dixo. Despois de ter anunciado a súa intención de traballar para liderar o partido hai nove meses, e de ratificalo nos órganos internos do PSdeG, Besteiro agradece a acollida dos compañeiros e compañeiras de toda Galicia: “Hoxe podo dicir que nesta carreira de fondo nunca estiven só. Contei sempre coa acollida da militancia e con todo o que me deron nestes meses visitando as agrupacións, e isto para min xa é unha vitoria que me completa como político pero sobre todo que me enriquece como persoa”.
Besteiro insiste na importancia de acudir mañá ás urnas: “Está nas nosas mans demostrar que mentres a dereita se divide e se agocha, o PSdeG se une e se abre á sociedade”, destaca, “porque para que os protagonistas da nosa historia nos apoien no futuro, temos que sentirnos orgullosos do que fixemos por eles no pasado”.
Ideas e propostas para o partido
Besteiro remata así un percorrido de varios meses nos que transmitiu a súa idea para un partido “unido, renovado, máis grande e galego” cun proxecto “de esquerdas, claramente definido e baseado na igualdade, na xustiza social e na solidariedade”. Ademais de achegar propostas e ideas para Galicia e tratar os principais problemas da cidadanía, como o emprego, o despoboamento, o futuro da xuventude, a política industrial e enerxética ou o cambio no modelo produtivo, Besteiro propuxo medidas como a flexibilización das condicións para presentar iniciativas lexislativas populares e cambios orgánicos.
Entre estas medidas orgánicas, recollidas no blog www.gomezbesteiro.com, están a limitación de mandatos non só nos postos de goberno senón tamén na oposición e normas de transparencia como darlle acceso á cidadanía ás contas anuais e electorais do partido no mesmo momento en que se presentan ao Tribunal de Contas, a elaboración dun código ético, a publicación de salarios e a declaración xurada de bens a principios da lexislatura en todos os niveis de goberno, o acceso público á axenda do secretario xeral, as sancións a cargos políticos que incumpran as súas obrigas de representación ou programáticas ou a obriga a aceptar sempre preguntas nas roldas de prensa. Asimesmo, Gómez Besteiro comprometeuse a realizar un encontro anual coa militancia galega, organizar reunións sectoriais periódicas coa cidadanía e facilitarlles o acceso e as aportacións a través das novas tecnoloxías, outro campo que será potenciado se é secretario xeral.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



