José Ramón Gómez Besteiro, candidato á secretaría xeral do PSdeG, percorre este luns de novo varias zonas da provincia de Pontevedra, onde está a afondar nos problemas dos mozos e mozas de Galicia. “Máis que unha política de xuventude, eu quero recuperar a xuventude na política”, afirmou, e incidiu na necesidade de que “todas as propostas socialistas leven consigo unha visión transversal de xuventude, ao igual que de xénero”.
Gómez Besteiro advertiu de que “formar persoas e ter xente cualificada no paro ten un custo social e tamén económico moito maior que calquera das infraestruturas que levamos feito ata agora”. Para exemplificalo, deu un dato: “Máis aló do evidente custo social e persoal, sabedes canto investimos de media nunha persoa desde que entra nun colexio público ata que remata unha carreira e o doutorado? Podemos chegar a investir ata 150.000 euros”, asegurou, segundo datos da Organización para la Cooperación y el Desarrollo e o informe PISA. E mentres, “case 2.000 mozos e mozas vense obrigados cada mes a marchar do noso país para buscar futuro”.
“Galegos e galegas, capaces, cualificados, que estamos a tirar literalmente pola borda da nosa sociedade e mesmo a regalar a outros países”, explicou. “Aí é onde está o despilfarro, e non noutros sitios onde pretende colocalo o goberno de Feijóo, que ante este problema nega becas, recurta o gasto en educación e sinálalles a porta chamándolle mobilidade exterior”, afirma Besteiro, que sitúa como principal problema da mocidade “a falta de emprego e a precariedade laboral”.
No referente aos recurtes en educación, fixo referencia aos case 23.000 profesores menos que hai en España desde que goberna Rajoy, mentres nos últimos dous cursos escolares, o número de alumnos aumentou en máis de 190.000 (un aumento do 3,6% mentres os mestres baixan un 4,5%), con miles de millóns de baixada de investimento. En concreto, exemplificando con Pontevedra, Besteiro fixo referencia a que “os pais e alumnos seguen esperando por centros e infraestruturas necesarias e que mellorarían a calidade e servizo educativo”, como o colexio de Valdecorvos ou o novo edificio do Carlos Oroza, ambos incumprimentos de promesas da Xunta.
O socialista afirmou que en Galicia “non hai política e xuventude porque a dereita non cre nela, porque non lle interesa unha xuventude movilizada e activa, senón invisible e dependente, queren que sexan invisibles e cada vez máis dependentes para que non asuman proxectos sociais e políticos propios”. En contraposición, para os socialistas significa “a forza renovadora do país” polo que “hai que procurarlle emancipación, traballo, vivenda e formación”.
Propostas
Por todo isto, Gómez Besteiro propón como “reto político” para o PSdeG “a incorporación efectiva e temperá dos mozos á sociedade e o mercado laboral”, e esbozou ante a militancia algunhas medidas como “maior investimento” que combine políticas de emancipación e políticas afirmativas, potenciar a interlocución coa mocidade, implicala na execución e avaliación de políticas, colaborar coas escolas de ensino obrigatorio para chegar aos mozos ou realizar un uso efectivo dos fondos dispoñibles da UE. Ademais, Besteiro aposta por “un control efectivo do Estado” sobre a boa utilización dos contratos en prácticas e as bolsas de formación laboral, incentivos ao emprendimiento ou fomento do espírito emprendedor.



















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



