O pasado mércores a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, xunto con responsables de La Caixa visitaron as novas instalacións da Casa de Familia San Aníbal que as Hijas del Divino Celo, tras alcanzar un acordo con La Caixa, puxeron en marcha este verán. As novas instalacións son máis amplas e contan con zona exterior para ubicar o centro de acollida para menores de 0 a 18 anos en situación de garda ou tutela pola Xunta de Galicia. O centro, que conta con 8 prazas concertadas coa Consellería de Traballo e Benestar, atendeu a 11 menores da Mariña dende a súa posta en funcionamento en xuño do 2012. Durante a visita a conselleira puido coñecer as mellores realizadas que consisten nunhas instalacións máis cómodas e amplas, unha zona exterior de xogos de 180 metros cadrados, zonas de traballo, outras de atención individualizada, e melloras na seguridade e accesibilidade.





















A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



