A Unidade Móbil da Inspección técnica de vehículos levará a cabo no municipio de Ribadeo unha Inspección Técnica periódica para os vehículos agrícolas, nos lugares e horas que se indican: Cedofeita (Campo da Festa) – Do 17 ó 18 de Setembro, en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas, agás o 18, que terá un horario de 9:00 a 13:30 horas. E Vilaframil (Campo da Festa) – O 19 de Setembro, en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Pódese solicitar cita previa por teléfono a través do 902 30 90 00 ou a través da nosa páxina web: www.sycitv.com – Cita previa.




















A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



