O sábado 14 de setembro de 2013 a Asociación “La Santina” de Foz celebra a festa na honra á Virxe de Covadonga, patroa de Asturias. O programa comezará cun pasarrúas a partir das 18.30 horas a cargo do grupo A Subela. Así mesmo, a partir das 19.30 horas o grupo de baile da Subela actuará nos xardíns do porto. Ás 20.00 horas celebrarase unha misa na igrexa parroquial de Foz na honra á Santina cantada pola Coral “Villa Blanca” de Luarca, seguida dun concerto da coral. Ás 21.30 horas realizarase a gran espicha na sala Bahía de Foz con sidra, viño, tortilla, polbo á feira, calamares, xamón asado, mexillóns, empanada, bolo preñado, queixo cabrales, café, etc. A continuación realizarase a entrega do XV Escanciador antes da gran verbena amenizada polo grupo Epo-K. O prezo por persoa será de 22 euros. Os interesados en participar poden reservar nos teléfonos 982 141 480 ou 676 420 971 ata o xoves 12 de setembro.





















Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



