O Burela FS Pescados Rubén de 2013-14 presentouse esta tarde ante a afección de Vista Alegre cun rival de luxo, o Inter Movistar, nun partido que finalizou en táboas (2-2) e no que xa se viron mostras dos grandes momentos que pode dar a Primeira División LNFS esta tempada.
O cadro de Juanlu soubo como conter a furia ofensiva que mostrou o Inter Movistar desde o inicio. Tras os primeiros minutos de xogo nos que a defensa laranxa se mantivo impetérrita, tamén chegaron as primeiras tentativas en ataque. Juanma avisou cun disparo escorado, antes de cumprirse o minuto 5, e pouco despois fixeron o propio Matamoros e David, adquirindo aos poucos un maior equilibrio na posesión.
Mantendo hábitos moi saudables, o gol laranxa volveu ter a firma de Matamoros, que inaugurou o marcador no minuto 13, superando a Luis Amado. Pola, preto do largueiro, Batería, só, e Nano Modrego, cun mísil exterior, intentaron sorprender a Edu sen éxito. A dous minutos do descanso Borja conseguiu o empate. No entanto, o olfato goleador de Matamoros volvía activarse; a 50 segundos para chegar ao ecuador o laranxa volveu adiantar o Burela FS, aproveitando un desaxuste defensivo do rival.
No segundo período, as primeiras ocasións foron mariñás, de Iago Míguez, Antoñito e Matamoros. Con todo, quen atopou a portería de rival foi Nano Modrego (minuto 22) a balón parado, tras falta de Iago Míguez. Tras a oportunidade de David, no minuto 25, o pau evitou un potente disparo de Murga. Os burelistas superaron o ecuador da segunda parte, cunha férrea defensa ante a artillería interista e a punto estiveron de anotar o seu terceiro gol desde a área nun despexamento (minuto 32). Os roubos de balóns deron momentos frenéticos nos últimos minutos. Mimi e Batería aínda xeraron perigo por ambos os bandos na recta final.
Antes do asubío inicial, Vista Alegre tamén puido coñecer o novo proxecto das actuais campioas de liga e Copa de España de Primeira División RFEF, que dirixirá o vivariense Quico Otero en 2013-14. Jozi, Lidia Mesías, Claudia, Silvia Rubal, Peque, Lara, Patri, Marcela, Bea Mateos, Maite e Paula presentáronse ante a fiel afección laranxa xunto ao técnico, o preparador físico, Pablo Díaz, e o auxiliar, Ramón Cordido, antes de internarse na súa primeira gran aventura da tempada, a Supercopa. As mariñás terán o seu primeiro partido ante o Atlético de Madrid Navalcarnero o domingo 8 (La Estación, 13.00 horas); a competición decidirase en terras galegas o sábado 14 (20.30 horas).
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Edu, Mimi, Antoñito, Matamoros e Iago Míguez, no cinco inicial; tamén xogaron David, Juanma, Christian, Carlitos, Álex
Inter Movistar: Luis Amado, Borja, Rafael, Ortiz e Rivillos, no cinco inicial; tamén xogaron Batería, Murga, Pola, Tobe, Nano Modrego, Rubén
Goles: 1-0, minuto 13, Matamoros; 1-1, minuto 18, Borja; 2-1, minuto 19, Matamoros; 2-2, minuto 22, Nano Modrego.
Árbitros: Fidel González Armada e Álvaro Cid Bragado
Tarxetas: Por Inter, amarela a Nano Modrego (minuto 19), Batería (minuto 32), Rivillos (minuto 34). Por Burela FS, amarela a Mimi (minuto 32)
Incidencias: Partido de presentación 2013-14 do Burela FS, con Inter Movistar. Minuto de silencio en memoria dun familiar do xogador interista Nano Modrego. En torno a 900 espectadores.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
