O grupo de montaña do Club Deportivo “Marqués de Casariego” de Tapia organiza unha ruta pola estación de esquí Pico Agujas, Lago Ausente e Estación de esquí Puebla de Lillo, en León, para o domingo 15 de setembro con saída ás 07.30 horas dende Tapia. Os interesados en participar nesta ruta de dificultade media e de máis de 5 horas de duración, poden inscribirse antes do xoves 12 de setembro nos teléfonos 689 175 515 (José Luis), 659 000 707 (Rafa) ou 608 540 828 (Eva). O prezo da actividade é de 12 euros, 5 euros para os socios e 3 para os socios colaboradores. O día anterior, o sábado 14, Tapia acollerá a primeira marcha solidaria organizada pola Fundación EDES que dará comezo ás 09.00 horas na praza do Concello. Para participar e colaborar na marcha, búscase o patrocinio dos quilómetros percorridos por parte de empresas, comercios, asociacións, marcas, etc ou de persoas que queiran contribuír.






















A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



