Cervo, 12 de setembro de 2013-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, considera “unha burla” as declaracións do ex alcalde de Burela sobre a certificación das praias. “A Deputación é o goberno do non, leva anos negándonos todo canto lle solicitamos. Como para fiarse deles” cuestiona o rexedor.
Villares quixo poñer varios exemplos das constantes negativas da Deputación, que se veñen dando dende a entrada do actual equipo de goberno: “Adherímonos a un convenio para a mellorar da eficiencia enerxética que finalmente se negaron a acometer; entramos a formar parte do programa Innóvate para a implantación da administración electrónica e o máximo que conseguimos foi que viñeran sete persoas a traer cinco ordenadores aos que nunca lles deron uso”. O rexedor tamén lembra que “coa chegada do actual goberno, a Deputación cancelou os pagamentos da conexión a Internet nos telecentros rurais de Gondrás, San Román, Rúa, Trasbar e Castelo”.
E ademais, “pedimos ano tras ano que nos deixasen maquinaria para acondicionar as praias e as pistas, en moitos casos incluso a petición de asociacións do municipio, pero nin a resposta nin a maquinaria chegaron nunca”, engade Villares, que tamén expón máis casos. “Solicitamos en múltiples ocasións a roza e limpeza das estradas provinciais e só recibimos ou ben unha negativa ou ben a calada por resposta”. “Sen esquecernos de casos tan graves como o seu contundente non á ampliación do Museo do Mar” engade, ou “a súa negativa a acometer os accesos ao polígono industrial de Cuíña”. “O único que nos aportaron é unha multa de 20.000 euros sen sentido” manifesta.
Villares asegura que “esa é a política da Deputación co Concello de Cervo: Un non tras outro”. O mandatario cervense lembra que “cada vez que nos adherimos aos seus convenios perdemos tempo e cartos. Estamos cansos de abrir expedientes, mover papeis e mobilizar persoal para que todo caia sempre en saco roto”.
“Só hai que lembrar como o ex alcalde de Burela e a veciña de San Cibrao con responsabilidades na Deputación foron cómplices da cancelación do saneamento de San Cibrao”, engade Villares. “Eles dous, xunto co ex conselleiro de Medio Ambiente, Pachi Vázquez, visitaron o Concello de Cervo para dicirnos que fulminaban un proxecto de máis de 6 millóns de euros que fora adxudicado pola Xunta do PP e que o bipartito se encargou de botar abaixo” explica. “Eles foron os que quixeron pagar 200.000 euros para anular o contrato para o saneamento de San Cibrao”.

















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



