Foz, 9 de setembro de 2013. O alcalde en funcións de Foz e portavoz do goberno municipal, Pedro Fernández Manín, destacou hoxe o labor realizado polo persoal que traballou no socorrismo e na limpeza das praias este verán. Ademais aclarou que estes servizos estiveron operativos no municipio focense durante dous meses, “como no resto dos concellos da zona”.
Fernández Manín manifestou este luns que o equipo de goberno “fai unha valoración moi positiva do traballo que desempeñou o persoal de salvamento nas praias do concello este ano. Este servizo estivo cuberto por 16 socorristas sostidos con fondos da Xunta de Galicia, ademais de 10 voluntarios de Protección Civil por medio dun convenio co Concello de Foz. Aparte destes socorristas había 4 auxiliares de Protección Civil e outras 4 sostidas pola Xunta de Galicia”.
O portavoz do goberno local aclarou que “desde un primeiro momento manifestamos que no presente ano soamente íamos ter servizo de socorristas mentres houbera a subvención da Xunta de Galicia, dado que non están os tempos para que o Concello soporte gastos superiores. Pero quero resaltar que cumpriron totalmente cas súas funcións e estiveron en todo momento dispostos a todo. Este servizo foi cuberto totalmente durante os meses de xullo e agosto, ata acabar os contratos. Noutros concellos estiveron os socorristas algún día despois, pero foi porque empezaron máis tarde. Por iso estráñanos que o BNG local diga que nós si fixemos recortes, cando no Concello de Ribadeo, gobernado polo BNG, o servizo estivo operativo tamén durante 2 meses: rematou uns días despois, pero foi porque empezara máis tarde”.
Pedro Fernández referiuse tamén á limpeza de praias e explicou que “tivemos 14 persoas traballando, 8 subvencionadas pola Xunta de Galicia e 6 contratadas pola Concello, ademais doutras dúas que estiveron dedicadas á limpeza nas rúas de Foz. Penso que é un servizo que funcionou con normalidade, a pesar de que é un traballo difícil de facer, porque o persoal en todo momento puxo todo o empeño”.
O rexedor rematou referíndose ao estado dos paseos marítimos, estradas e áreas recreativas para lembrarlle ao grupo municipal socialista que “este ano foi atípico, porque todos sabemos que o mes de xuño foi moi chuvioso e a herba e a maleza medrou día a día. A pesar disto si se fixeron rozas nas parroquias como mínimo dúas veces durante os meses de xullo e agosto; e o paseo marítimo de Foz, incluídas as áreas recreativas, rozáronse polos menos 3 veces e nalgúns sitios fíxose en máis ocasións. Por conseguinte non entendo como se pode dicir que non estivemos á altura. Desde o goberno local comprendemos que cada grupo ten que defender o seu programa e o que fixo anteriormente, pero non dicir que todo o facemos mal”.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



