“Medidas como o repagamento do 10% dos medicamentos de dispensación hospitalaria a persoas enfermas de cancro, hepatite, artrite ou leucemia; as reformas para reducir a capacidade adquisitiva das persoas pensionistas; a eliminación da telea-sistencia domiciliaria; a introdución do repagamento nos comedores escolares; a eliminación da gratuidade dos libros de textos; a suba das matrículas universitarias e o recorte das bolsas; as reformas laborais que eliminan os dereitos dos traballadores e lles reducen o salario… Estas son as medidas que amosan falta de respecto cara as persoas e falta de humanidade”, aseguran os nacionalistas. “E todas elas, son medidas asinadas polo Partido Popular, semana tras semana nos Consellos da Xunta e nos Consellos de Ministros, sen que lles treme o pulso, demostrando que o PP é un partido absolutamente deshumanizado que goberna para os ricos e que para nada pensa nas maiorías sociais máis necesitadas.”
Os nacionalistas mariñáns aseguran que o Partido Popular “demostra con estes feitos que aplica á perfección a ideoloxía máis reaccionaria no político e no social, levándonos a situacións propias de hai 50 anos: desde a conivencia cos crimes do franquismo ata o estado de beneficencia que exemplifican os seus cargos públicos con campañas de recollida de material escolar en Viveiro, tras ter recortado os dereitos no ensino. Esas son as actitudes das xentes do PP que recordan a aqueles señoritos que unha vez ao ano daban esmola aos pobres que, por riba, tiñan que amosarse agradecidos.”
“O cinismo e a hipocrisía do PP coñecémolos ben na Mariña en temas como a sanidade”, sinalan desde o BNG. “Cando o deputado e concelleiro en Cervo, Balseiro; vota no seu concello a favor de manter 4 médicos e o Partido Popular no Parlamento de Galiza – do que é secretario o señor Balseiro- vota en contra. A marea de hipocrisía do PP pasea toda a comarca e chega a Ribadeo, onde cargos do PP se manifestan detrás de pancartas reclamando o mantemento do número de médicos cando ese mesmo día no Parlamento o PP recórtalle un médico a Ribadeo.”
O BNG da Mariña considera que “igualmente cínico e hipócrita é que o Partido Popular que, desde o ano 2011 na Xunta de Galiza se desentendeu do SAF nos concellos de menos de 20.000 habitantes, veña con críticas á Deputación de Lugo, onde o BNG incrementou as partidas ano tras ano para este servizo e que foi a institución que, en colaboración cos concellos mantén a tele-asistencia domiciliaria que o Partido Popular desde o Goberno do Estado retirou.”

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



