A Mariña, 10 de setembro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego da Mariña chama a todos os veciños e a todas as veciñas da comarca a participar na manifestación do vindeiro domingo, 15 de setembro, en Santiago de Compostela, para esixir ao Partido Popular que mude as súas políticas que destrúen emprego, fechan empresas, crean pobreza e desigualdades sociais e rematan co benestar dos cidadáns.
Ana Ermida, responsábel da formación nacionalista, asegura que “sobran razóns para unha contundente e ampla contestación social na rúa. O noso país leva seis anos de recortes que o levaron a unha situación límite para a que o Partido Popular non ten solución. Os populares, tanto en Galiza como no resto do Estado, non teñen un proxecto de recuperación económica e social e como consecuencia só saben facer política de tesoiras, a política de seguir recortando e desmantelando os servizos públicos. Cada vez máis persoas teñen problemas para atender necesidades básicas como vivenda ou alimentación, mais o Partido Popular segue subindo impostos e aprobando copagos. Saiamos este domingo á rúa a dicir basta xa aos recortes na educación, na sanidade e nas prestacións sociais cando máis necesitamos destes servizos”.
Desde o Bloque da Mariña insisten na importancia da mobilización masiva “para que os populares se decaten de que a maioría social está na súa contra e non aproba o seu xeito de gobernar. Todos os que queiran un cambio a mellor neste país, con independencia das súas sensibilidades políticas, e non queiran ser gobernados por un partido corrupto que mentres os seus dirixentes piden sacrificios ao pobo estes cobran sobresoldos en negro”.
A responsábel comarcal do BNG informou de que haberá autobuses dispoñíbeis para todos e todas as que queiran achegarse a Santiago de Compostela e que poderán reservar praza e informarse dos puntos de saída no teléfono: 982.140.654.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



