Lugo, 16 de setembro de 2013. O BNG presentou esta venres na Praza da Soidade a campaña que levará a cabo para honrar a memoria das persoas que padeceron o terror franquista por defenderen unha sociedade xusta, igualitaria e democrática, rehabilitando social e institucionalmente ás vítimas do franquismo. Na presentación desta campaña participaron a responsábel comarcal do BNG de Lugo, Esther López, os deputados provinciais do BNG en Lugo, Mario Outeiro e Antonio Veiga, xunto aos concelleiros do BNG en Lugo, Antón Bao e Paz Abraira, e o responsábel local do BNG en Lugo, Alexandre Penas.
O portavoz do BNG na Deputación de Lugo, Mario Outeiro, explicou que dentro dos actos da campaña que se inicia hoxe procederase ao reparto de material informativo coa listaxe dos nomes das persoas represaliadas en Lugo, “porque son arredor de 8000 persoas en toda a provincia, é a listaxe dos nomes da dignidade, lucenses que foron asasinados ou que padeceron a represión por defenderen a causa da democracia e das liberdades republicanas, con elas acaba o golpe de estado de 1936, a feroz represión que o acompaña, a guerra civil que provoca e a ditadura que se instaura como consecuencia da vitoria franquista. É hora de mudar a historia porque cando entran en conflito as memorias dos vencidos e as dos vencedores, por definición, sempre trunfan as destes últimos”.
Mario Outeiro lembrou que desde as institucións nas que o BNG ten responsabilidade de goberno xa se desenvolveron outros actos de homenaxe e recoñecemento ás persoas vítimas do franquismo “porque para nós a memoria, o recoñecemento e o exemplo das vítimas do franquismo é un actuar diario. Memoria que está sempre con nos, porque é un patrimonio de dignidade, de cultura cívica e tamén de aspiración a unha outra sociedade máis libre e merecente de considerarse democrática. Recoñecemento que é recuperación e restitución das súas figuras, por seren capaces de aspirar a un modelo social que xire arredor do triangulo da xustiza, da igualdade e dun modelo político no que o pobo sexa realmente que máis ordene. E exemplo do que a barbarie e o terror non quixo que fosemos, exemplo dun patrón de comportamento ético e comprometido coas maiorías sociais”. Outeiro convidou a todas as persoas a participar no pleno da Deputación do vindeiro 24 de setembro, ás 11 da mañá, no que se procederá a restituír institucional e socialmente ás persoas represaliadas polo franquismo e no que “o PP terá unha nova ocasión para demostrar se é capaz de rachar os vínculos que aínda os xonguen a este pasado escuro ou se pola contra se manteñen nestes ideais, como recentemente demostrou o alcalde de Baralla”.
Na mesma liña, Antonio Veiga, deputado do BNG na Deputación e vicepresidente da mesma, afirmou que “estamos a iniciar simplemente un acto necesario, de xustiza e dignidade, xunto á sociedade lucense para todos aqueles que sufriron a represión”. Na súa intervención, Veiga recolleu as palabras escritas nunha carta, pouco antes de ser fusilado, polo membro do POUM, José Ramos, ao alcalde republicano de Lugo, Francisco Lamas, na que pide aos amigos que teñan “o absoluto convencemento de que morreremos nas nosas ideas e con toda serenidade, só nos amarga que o motivo do noso fusilamento sexan as nosas condutas políticas e non que non nos batéramos ben co inimigo. Sede optimistas e non teñades pena pola nosa situación, agora que cando poidades facédenos xustiza”.
Por iso, Veiga afirmou que “esta campaña é ese acto de xustiza que Ramos solicitaba e nós, xunto á sociedade lucense, debemos lograr que así sexa. E, tamén como Castelao dixo no 37, ‘Na miña terra cumprirase a vontade dos mártires’, polo que nós seguiremos traballando para que así sexa”.
Antón Bao lembrou na súa intervención que “son máis de 250 persoas represaliadas en Lugo e 8000 en toda a provincia, nomes algúns coñecidos e moitos anónimos, que non deben ficar no esquecemento, da mesma maneira que non deben ficar no esquecemento todas as mulleres represaliadas que non está na listaxe, pero foron repudiadas, violadas, esquecidas, enfrontadas soas a todo, que teceron tantas veces redes de resistencia e solidariedade colectiva, para elas vai tamén esta homenaxe”.


















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



