A Mariña, 23 de setembro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego denuncia que a decisión do Goberno do Estado de fixar un novo copago para determinadas medicacións, concretamente para aquelas que se dispensan a través da farmacia hospitalaria, tal como se recolle no BOE do 19 de setembro, representa un ataque sen precedentes ao sistema sanitario público e deixa ao descuberto a verdadeira cara deste Goberno.
A portavoz comarcal do Bloque Nacionalista Galego na Mariña, Ana Ermida, afirmou que “a decisión do goberno significa cruzar todas as liñas vermellas da sanidade, posto que están a cobrar por medicamentos como Afinitor o el Tyverb utilizados para retrasar o cancro de mama, o Votrient ou Temodal utilizados para o tratamento do cancro de ril e os tumores cerebrais respectivamente, a máis doutras medicacións como LCM prescritos para a leucemia mieloide crónica, o tratamento de tumores malignos non resecábeis e/ou metastásicos do estroma gastrointestinal (GIST), a artrite reumatoide, a dexeneración macular ou a hepatite C crónica. E así até 157 presentacións farmacolóxicas de pouco máis de 50 medicamentos, que segundo sinala o BOE, cumpren coas condicións para ser considerados de aportación reducida, ao tratarse de medicamentos de eleccións de enfermidades graves ou crónicas, e estando limitada a súa dispensación aos pacientes non hospitalizados nos servizos de farmacia dos hospitais”.
Ana Ermida indicou que “estamos diante dun Goberno sen alma que non coñece a palabra humanidade e que con decisións deste tipo non fai outra cousa que retratarse ou deixar claro que só goberna para os ricos. Tanto é así que segundo fixa o BOE a aportación do usuario para estes medicamentos que estaban exentos do copago será dun 10% do PVP, cun máximo actualmente fixado en 4,20 euros, conforme ao fixado na Resolución do 21 de Xaneiro da Dirección Xeral da Carteira Básica de servizos do Sistema Nacional de Saúde, o que significa que si o medicamento costa 30 euros a achega será de 3 euros, pero si o medicamento costa 100 euros a achega non poderá superar os 4,20 euros. Abonda fixarnos nestes números para concluír que estamos diante dun goberno que carece de corazón, que segrega en función do poder adquisitivo das persoas e que deixa tiradas, mesmo diante da morte, a aquelas persoas que máis precisan da axuda do Estado”.
O Bloque Nacionalista Galego anunciou “a vontade de dar unha batalla sen tregua para que esta resolución non se aplique en Galiza, agora ben, esta é unha batalla que ten que dar o conxunto da sociedade galega alén das estruturas partidarias. A propia vicepresidenta do Goberno, o pasado venres, na rolda de prensa pronunciada após o Consello de Ministros, expresou con claridade que é decisión das autonomías aplicar ou non esta resolución polo que urximos á Xunta de Galiza a que non aplique o recollido no BOE. Gobernos autónomos de diversas opcións ideolóxicas xa anunciaron que non van aplicar o copago nestes medicamentos. Comunidades gobernadas polos nacionalistas, como Euskadi, polos socialistas, como Andalucía, ou Castela León polo PP, que xa expresaron a súa negativa a cobrar por esta medicación. Agardamos que o Goberno da Xunta siga o exemplo dos seus correlixionarios de Castela e León e modifique a súa posición de fixar un copago para doenzas tan sensíbeis”.

















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



