Santiago, 8 de setembro de 2013.- Máis de 200.000 estudantes comezarán este mércores, 11 de setembro as clases nos ciclos de educación infantil e primaria, sendo 67.591 alumnos e alumnas e 133.199 respectivamente, o que reflicte un descenso na primeira etapa e un mantemento das matrículas na segunda. Cómpre destacar que ditos datos son provisionais e que varían ao longo do curso.
Educación Infantil
Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 67.591 alumnos e alumnas comezarán o mércores as aulas de educación infantil. Deles 28.853 están matriculados na provincia de A Coruña; mentres que 25.699 son de Pontevedra; 6.678 de Lugo e 6.361 de Ourense, fronte aos 28.601; 26.003; 6.738 e 6.376 respectivamente do curso pasado. Un lixeiro descenso na comunidade que volve a dar conta da tendencia que se ven reflectindo desde hai cursos.
Por tipo de centros e por provincias queda, respecto do curso pasado do seguinte xeito:
| Centros públicos 2012/2013 | Centros públicos 2013/2014 | Centros privados
e concertados 2012/2013 |
Centros privados e concertados 2013/2014 | |
| A Coruña | 20.216 alumnos | 20.555 alumnos | 8.385 alumnos | 8.298 alumnos |
| Lugo | 4.916 alumnos | 4.892 alumnos | 1.820 alumnos | 1.786 alumnos |
| Ourense | 4.177 alumnos | 4.191 alumnos | 2.199 alumnos | 2.170 alumnos |
| Pontevedra | 17.888 alumnos | 17.700 alumnos | 8.115 alumnos | 7.999 alumnos |
| Total | 47.197 alumnos | 47.338 alumnos | 20.519 alumnos | 20.253 alumnos |
Así dáse conta dun descenso nas matriculacións nesta etapa educativa do 0,2% respecto do curso pasado.
| 2012/2013 | 2013/2014 | |
| Centros públicos | 47.197 alumnos | 47.338 alumnos |
| Centros privados e concertados | 20.519 alumnos | 20.253 alumnos |
| Total | 67.716 alumnos | 67.591 alumnos |
Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu lixeiramente respecto do curso anterior.
| 2012/2013 | 2013/2014 | |
| A Coruña | 425 alumnos | 390 alumnos |
| Lugo | 177 alumnos | 159 alumnos |
| Ourense | 140 alumnos | 120 alumnos |
| Pontevedra | 447 alumnos | 366 alumnos |
| Total | 1.189 alumnos | 1.035 alumnos |
Educación Primaria
Por outra banda as mesmas previsións que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 133.199 alumnos e alumnas tamén comezaran o luns as clases de educación primaria en Galicia. Por provincias 55.426 están matriculados en A Coruña; 13.314 en Lugo; 12.757 en Ourense e 51.622 en Pontevedra. Fronte aos 55.147; 13.201; 12.680; 51.710 respectivamente do curso pasado.
| Centros públicos 2012/2013 | Centros públicos 2013/2014 | Centros privados e concertados 2012/2013 | Centros privados e concertados
2013/2014 |
|
| A Coruña | 39.090 alumnos | 39.375 alumnos | 16.057 alumnos | 16.051 alumnos |
| Lugo | 9.597 alumnos | 9.650 alumnos | 3.604 alumnos | 3.664 alumnos |
| Ourense | 8.293 alumnos | 8.385 alumnos | 4.387 alumnos | 4.372 alumnos |
| Pontevedra | 35.564 alumnos | 35.681 alumnos | 16.146 alumnos | 15.941 alumnos |
| Total | 92.544 alumnos | 93.091 alumnos | 40.194 alumnos | 40.028 alumnos |
No conxunto dos centros a comparativa co pasado ano escolar queda do seguinte xeito:
|
2012/2013 |
2013/2014 | |
| Centros públicos | 92.544 alumnos | 93.091 alumnos |
| Centros privados e concertados | 40.194 alumnos | 40.028 alumnos |
| Total | 132.738 alumnos | 133.119 alumnos |
No caso da educación primaria o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española a diferenza respecto do ano paso descende en máis de trescentos estudantes.
| 2012/2013 | 2013/2014 | |
| A Coruña | 1.866 alumnos | 1.716 alumnos |
| Lugo | 755 alumnos | 743 alumnos |
| Ourense | 569 alumnos | 540 alumnos |
| Pontevedra | 1.720 alumnos | 1.570 alumnos |
| Total | 4.910 alumnos | 4.569 alumnos |
Centros escolares e persoal docente
Os centros que desde o 11 de setembro impartiran ensinanzas de educación infantil e primaria, quedan distribuídos do seguinte xeito:
| A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra | Galicia | |
| Educ. Infantil | 67 | 4 | 5 | 75 | 151 |
| Educ. Primaria e Infantil(1) | 246 | 93 | 86 | 219 | 644 |
| Educa. Primaria e ESO (2) | 56 | 25 | 23 | 68 | 172 |
| Total | 369 | 122 | 114 | 362 | 967 |
(1) Inclúen os centros que imparten exclusivamente o primeiro ciclo de educación infantil.
(2) Inclúense os centros que imparten o segundo ciclo de educación infantil.
Atención a todas las necesidades
Neste punto cómpre destaca que a Consellería volve a garantir a axeitada atención docente a todo o alumnado galego, prestando especial atención e apoio aos estudantes con necesidades específicas de atención educativa – pedagoxía terapéutica ou audición e linguaxe, entre outros-, así como o mantemento da calidade do ensino.
Así, e grazas a diversas medidas tomadas a cabo pola Administración, cunha xestión eficiente dos recursos docentes, o que da resposta á demanda da cidadanía galega, e a aplicación do Decreto de Atención a diversidade garántese a atención ás alumnas e alumnos que máis o necesitan, mantendo a calidade do noso ensino.
Servizos complementarios
O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados dende a Consellería. Ámbolos dous foron adaptados, un ano máis, as necesidade existentes para o presente curso nos centros educativos, dando así resposta ás alumnas e alumnos.
A Consellería de Educación volve deste xeito demostrar o seu interese polo benestar dos estudantes galegos, e a pesar da complicada situación económica que se vive nestes momentos fai un esforzo a prol das alumnas e alumnos. Cómpre sinalar que este será o segundo ano no que as achegas económicas poderán destinarse a sufragar os gastos ocasionados pola contratación de pólizas de seguros vinculadas directamente á prestación do servizo de comedor escolar.




















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



