Burela, a 22 de setembro de 2013.- O portavoz da Agrupación Local do PP burelés, José Luis Lois Losada, manifestou este domingo “a satisfacción do partido polos logros e consecucións que se veñen producindo nas últimas semanas, derivadas da boa xestión que está realizando o alcalde e o seu equipo de goberno”.
Lois Losada apuntou que “a seguridade que existe dentro do PP burelés é que se tén avanzado máis nestes dous últimos anos de goberno popular ca nos catro anos de bipartito, e iso a pesares de herdar unha situación económica mui complexa e difícil de solventar”.
O portavoz dos populares de Burela engadiu que “a recepción por parte do concello da urbanización de Torrentes tén dous significados: a capacidade de xestión do PP, que é capaz de ir solucionando asuntos que estaban abertos, e a incapacidade dos socialistas, que en catro anos non foron capaces a facer absolutamente nada de nada sobre Torrentes, cando todo lles quedaba preparado e solo quedaba remátalo. Ademáis de non facer nada, xeneraron problemas: algo propio da súa forma de xestionar as cousas de todos”.
Ademáis, José Luis Lois Losada apuntou que “os do bipartito falaban dunha escola infantil na Casa do Mar, co único obxectivo de non facer nada. O goberno actual do PP dá un paso adiante e asina un convenio coa Xunta para facer a segunda escola infantil de Burela, e compromete partida presupostaria nos presupostos do presente ano 2013, o que representa a convicción de González Barcia e do seu equipo de acadar este importante servicio para Burela”.
Lois Losada manifestou que “mentres o PP goberna, os socialistas adícanse a agasallar a Besteiro cunha boa comida. Vergoña lles debería dar, xa que o presidente da Deputación non destaca por nin tan siquera escoitar as peticións que se lle fan desde a alcaldía do noso concello”.
Finalmente, considera que “os socialistas de Burela poden e deben estar preocupados: que teña que ser José Ramón Val, non mui ben visto en Foz polos seus propios compañeiros de partido, quen faiga oposición a González Barcia e o seu equipo resulta realmente penoso e demostra a incapacidade das catro persoas que aspiran a controlar o PSOE burelés para artellar unha oposición seria e responsable”.



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



