Burela, a 6 de setembro de 2013.- O Partido Popular de Burela puxo en marcha na tarde deste xoves un grupo de traballo sobre asociacionismo, que estará a cargo da visecretaria xeral executiva Josefa Yáñez Cao.
Á reunión, que estivo presidida polo presidente local, José María González Barcia, asistiron afiliados do partido que pertencen a colectivos sociais de Burela. O obxectivo é estar en contacto periódico cos diversos colectivos que existen no termo municipal, para coñecer a situación de cada un deles, saber as necesidades existentes e buscar alternativas para poder continuar traballando desde as asociacións a pesar da difícil situación económica que se está a vivir.
Os populares son conscientes de que os colectivos e asociacións teñen enormes dificultades económicas para poder manter a súa actividade. De feito, a propia Xunta Directiva da Agrupación local do PP pediulle ó Grupo Municipal que se axilice o máximo posible a posta en marcha de consesión de subvencións ós colectivos, aínda sendo coñecedores de que a situación económica do concello tampouco é a mellor.
A partires de agora, o grupo que dirixe Josefa Yáñez elaborará un calendario de reunións para contactar periodicamente con todos os colectivos e asociacións.
Para a vindeira semana está previsto constituir os grupos de traballo de Sanidade, a cargo da vicesecretaria xeral executiva Carmen Trabada, e Ensino, a cargo do vicesecretario xeral executivo Cristóbal Edrosa. O PP confía pechar no presente mes a reorganización interna derivada do congreso local.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



