Burela, a 8 de setembro de 2013.- O portavoz da Agrupación Local do Partido Popular de Burela, José Luis Lois Losada, manifestou este domingo a satisfacción do partido logo do anuncio do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, do acordo do Consello da Xunta de decretar a urxente ocupación dos terreos precisos para levar a cabo as obras de acceso ó porto burelés.
Lois Losada indicou que “a palabra do Presidente da Xunta, e o acordo do Consello, son palancas decisivas para que esta obra sexa xa unha realidade, xa que o espazo portuario e Burela precisan urxentemente da mesma. Confiamos plenamente na palabra de Núñez Feijoo e sabemos que 2014 será o ano do acceso ó porto”.
O portavoz da Agrupación Local burelesa tamén se referiu á aprobación provisional do PXOM: “é unha gran noticia que culmina dous anos de intenso traballo do alcalde, José María González Barcia, e do seu Equipo de Goberno, e que abre as portas ó futuro do noso concello. Non podemos esquecer que o PXOM vén a ser algo así como os cementos sobre os que se constrúe un edificio”.
Lois Losada afirmou que “estes dous asuntos, acceso ó porto e PXOM, demostran ás claras que nin o alcalde nin o seu equipo estiveron parados durante estes dous anos. Todo o contrario, houbo un traballo calado pero intenso, serio e sen pausa, que agora dá os seus froitos”. Lois Losada manifestouse convencido de que “o alcalde, cando di que se vai pechando o círculo dos grandes asuntos que ten plantexados Burela, é que está seguro do que di e que así será, como se demostra con estes dous asuntos de grande relevancia para os veciños e veciñas do noso concello”.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



