Ribadeo, 11 de setembro de 2013. A Xunta de Galicia investirá 83.000 euros para financiar o 75 por cento do orzamento previsto para a obra de remodelación da rúa Ramón González no tramo que queda por arranxar, que é o comprendido entre o cruce coa avenida de Galicia e a rúa Deputación. Anunciouno esta mañá o presidente do Partido Popular en Ribadeo, Jesús López Penabad, que comprobou sobre o terreo o mal estado no que se atopan a calzada e as beirarrúas nese vial da vila ribadense, que é moi transitado.
“De novo a Xunta de Galicia leva a cabo investimentos en Ribadeo. Referímonos nesta ocasión á Consellería de Industria, que vai financiar o 75 por cen do orzamento das obras de remodelación, adecuación e humanización da rúa Ramón González, en concreto no tramo comprendido entre o cruce coa avenida de Galicia e a rúa Deputación, que é o queda por arranxar. Congratulámonos desta nova axuda da Xunta de Galicia, neste caso por un valor de 83.000 euros”, explicou Jesús López Penabad.
O presidente do Partido Popular ribadense lembroulle ao alcalde, o nacionalista Fernández Suárez, que “aínda que segue queixándose, Ribadeo está recibindo continuas subvencións e axudas por parte da Xunta de Galicia. Esta será outra obra máis que se realizará en Ribadeo e servirá para rematar o acondicionamento de boa parte do centro e o casco histórico de Ribadeo. Polo tanto, seguimos avanzando coa colaboración activa da Xunta de Galicia para Ribadeo, para os ribadenses e para os visitantes”.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



