Lugo, 24 de setembro de 2013.- Logo da sesión plenaria provincial celebrada este martes, a voceira do GPP, Elena Candia insistiu en que os populares condenan o franquismo e tódolos réximes totalitarios e criticou que Gómez Besteiro impedise que o seu grupo puidera demostrar a súa repulsa contra calquera réxime totalitario.
“Ao non habilitar, Gómez Besteiro, a votación por puntos na moción presentada polos nacionalistas, non puidemos manifestar a nosa repulsa contra o franquismo e contra tódolos réximes totalitarios”, lembrou Candia.
A popular puxo de manifesto que o seu grupo condena o franquismo, censura calquera réxime totalitario e insistiu en que no seu momento o alcalde de Baralla e Deputado Provincial, Manuel González Capón, xa pediu desculpas polas desafortunadas palabras. Insistiu Candia, que as declaracións vertidas no seu momento, non reflicten nin o sentir do seu compañeiro nin do seu partido.
En relación coa moción do PSOE sobre a declaración da Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade, os populares amosaron o seu voto favorable logo da corrección da exposición de motivos, incluíndo así todos os municipios que forman parte deste territorio.
Neste senso, a voceira dos populares fíxolle entrega, en man, ao presidente da Deputación, dun plano, para que tivese constancia dos concellos que a forman e para que non se volva a producir un descoñecemento deste tipo.
Plan de emprego
A voceira do GPP criticou que Gómez Besteiro, votase en contra de por en marcha un plan de emprego con vocación de continuidade e centrado nos sectores estratéxicos da provincia, dándolle as costas así, a todas aquelas persoas que están a buscar un posto de traballo.
Criticou Candia que Besteiro está a recoñecer que non desenvolve nada en materia de emprego ao manifestar que o vai a facer en breve.
Manifestou Candia que é grave que o presidente da Deputación, conte con máis de catro millóns de euros en remanentes nos orzamentos de 2012, en partidas para fomento de emprego e vote en contra desta moción.
Festas de Interese Turístico Galego na provincia de Lugo
A voceira popular criticou que o bipartito votase en contra de repartir, de xeito equitativo, contías económicas para as 26 festas de interese turístico galego na provincia de Lugo e afirmou que con isto, a Deputación pretende seguir na liña de repartir fondos públicos a través de procedementos excepcionais dos que non se chega a entender os criterios a seguir.
Manifestou Candia que os populares “queremos unha liñas de axudas que non sigan as cores políticas e se rexan por criterios de obxectividade garantindo a colaboración declaradas de interese turístico”.
Besteiro evitou falar de temas de vital importancia
Candia criticou que Gómez Besteiro evitase entrar en asuntos de vital importancia como é a mellora no servizo de abastecemento da auga de Bóveda ou o na readmisión dos traballadores de SUPLUSA despedidos de xeito improcedente.
A Deputación non respecta o dereitos dos populares
Os populares manifestaron que na sesión plenaria non se lle respectaron os seus dereitos, polo que se viron na obriga de abandonar o pleno, facéndoo, concretamente, na segunda quenda de intervención na quenda de preguntas, onde o señor Veiga, non foi quen de enumerar os patrocinadores que asegurou en prensa que tiña o Breogán, demostrando que faltou á verdade.
Os deputados do Grupo Provincial manifestaron estar cansos de que dende o equipo de goberno non se tome en serio a súa labor de control e se eluda dar respostas as preguntas plenarias con actitudes que demostran “falta de respecto e unha clara deixadez de funcións que intentar agochar tras feitos cando menos irrespectuosos”.
Conclúen os populares anunciando que iniciarán os trámites para facer valer os seus dereitos na corporación provincial posto que “non se entende que non se admitan emendas rexistradas en prazo e se debatan algunhas ás que o GPP non ten nin acceso”.


















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



