O Burela FS Pescados Rubén gozará este sábado do primeiro derbi autonómico da liga de Primeira RFEF 2013-14 na tempada por excelencia do fútbol sala galego, con nada máis e nada menos ca seis representantes irmandiños. O novel Valdetires Ferrol recibirá a escuadra mariñá no pavillón de Esteiro, ás 19.00 horas.
O cadro de Quico Otero buscará a súa primeira vitoria en terras ferrolás, despois do sabor agridoce do empate na casa ante o Soto del Real (1-1). O Burela FS chega “animado e con ganas para intentar conseguir o primeiro triunfo e así poñer en valor o empate da semana pasada”, como adiantaba o técnico laranxa. Nesta mentalidade tamén incidiron a gardameta Patri e a capitá Lidia Mesías, que se centraron en destacar a parte positiva de comezar a competición puntuando: “Fomos superiores e aínda que o resultado foi escaso o importante é que conseguimos un punto; aínda queda moita liga por diante” aseguraba Lidia, autora do tanto laranxa, coincidindo con Patri en que “o que debemos facer é intentar emendar os erros; moitos equipos chegarán a Vista Alegre para pecharse, como o Soto, e debemos traballar ese tipo de defensa”.
O Valdetires estrearase ante a súa afección tras o forte pau dun 7-0 fronte ao UA Alicante. “Son xogadoras moi traballadoras e loitadoras; agardarannos atrás esperando a oportunidade para sacar algo frente ao equipo que todos os rivais quererán bater este ano e máxime sendo o seu primeiro partido na casa”, falaba así Lidia do seu antigo equipo, ao que Patri puntualizaba: “Non nos podemos fiar, aínda que a priori poida parecer un equipo menos forte; no comezo da liga pode darse calquera sorpresa”.
Jozi, Paula e Marcela, en pleno proceso de recuperación de senllas lesións, volverán ser baixa para esta cita, coa esperanza entre as súas compañeiras de que poidan regresar axiña. “Somos un cadro curto e con estas tres baixas xusto no comezo de liga todas estamos obrigadas a facer un esforzo extra, tanto en adestramentos coma en partidos; esperamos poder contar coa súa rápida reincorporación para gañar en rotacións, e intensidade, e evitar complicacións a longo prazo” transmitían Lidia e Patri.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
