O salón Expohogar Otoño que se celebra en Barcelona entre o 27 e o 30 de setembro reunirá a máis de 100 expositores e 8.000 profesionais procedentes, principalmente, de Cataluña, Aragón, Baleares, Valencia, País Vasco e o sur de Francia. REGAL CERAMICA presenta en Barcelona as novidades da súa produción para a tempada de outono – inverno onde resaltan unhas 150 pezas de novo deseño en gres, esculturas, animais, pezas utilitarias, mouchos, xarróns, pezas únicas e numeradas. Unha nova colección de xarróns con novas cores, esculturas de edicións limitadas a 100 exemplares, cualificadas, por tanto como peza de autor, outra colección de pezas utilitarias, cerámica para colgar, unha colección especial para poñer de bisutería e xoiaría con prata , cerámica e vidro de Murano que resalta polo seu colorido e deseño.
Ademais, un apartado de noso stand dedicarémolo á decoración de interiores con murais e pezas cerámicas de gran tamaño.





















A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



