Lugo, 25 de setembro de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, reuniuse na mañá deste mércores co alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa, para analizar o proxecto de dinamización dos centros veciñais do municipio. Durante o encontro o vicepresidente da institución provincial informou ao rexedor que a Xunta de Goberno do vindeiro venres aprobará un convenio de colaboración a través do cal o organismo apoiará cun investimento de 180.000 euros dito proxecto.
Segundo explicou Antonio Veiga, “o concello de Riotorto caracterízase pola perda demográfica desde principios do século pasado, debido ao crecemento vexetativo de signo negativo e a emigración. Ademais, hai que sinalar que a súa poboación está moi dispersa, e posúe unha da taxa bruta de nacementos inferior á media de Galiza, polo que son necesarias actuacións deste tipo, que dan un pulo á dinamización da poboación, representada, na súa maioría, polo colectivo das persoas maiores”.
O proxecto de dinamización dos centros veciñais de Riotorto contempla unha variada oferta de actividades coas que se pretende contribuír á mellora da calidade de vida e do benestar social da veciñanza, como visitas didáctico-saudábeis a diferentes puntos da xeografía galega para intensificar as relacións interxeracionais, un obradoiro de recuperación da memoria, recuperación de xogos populares e tradicionais que fagan conscientes aos participantes das súas capacidades e destrezas, prácticas deportivas saudábeis, así como cursos lúdico formativos relacionados coas novas tecnoloxías, alimentación e agricultura saudábel, ou benestar e saúde, e un programa específico de avellentamento activo.
Ademais, e grazas a este convenio que se aprobará o venres, procederase ao acondicionamento dos centros veciñais das distintas parroquias do municipio nos que está previsto desenvolver as mencionadas actividades. Entre eles atópase o da parroquia da Órrea, que precisa melloras de accesibilidade, habitabilidade e funcionalidade; o local de Vilaseca, que necesita incrementar os niveis de iluminación natural; e os de Espasande de Arriba e Espasande de Abaixo que necesitan reformar a súa distribución actual para un maior aproveitamento do seu espazo.
“Un dos principais obxectivos que nos marcamos desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo é fomentar a igualdade de oportunidades no acceso ao benestar social e a participación social, do que é boa proba este proxecto que favorecerá espazos para o encontro entre os veciños dos diferentes puntos do concello, contribuíndo á mellora da calidade de vida e do benestar da veciñanza”, concluíu o vicepresidente provincial.
Pola súa banda, o rexedor municipal destacou que “este proxecto enmárcase na aposta polo equilibrio territorial e por tratar de eliminar a fenda existente entre o medio rural e o urbano e universalizar o acceso ao servizos públicos”.
Para Federico Gutiérrez Estoa “esta aposta só se pode explicar desde unha perspectiva ideolóxica nacionalista que implica traballar polas maiorías sociais tendo en conta a pirámide poboacional do país e o avellentamento da poboación e garantir o carácter universal dos servizos sociais nun contexto marcado polos recortes. Non é o momento de seguir recortando, é o momento de aplicar políticas diametralmente opostas ás que está a por en marcha a Xunta de Galiza e o Goberno do Estado que están a converter a xestión da crise nunha vía para incrementar as desigualdades sociais”.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



