Voluntarios de Alcoa San Cibrao organizado para este xoves, 26 de setembro, unha tarde de xogos, música e merenda ao aire libre para as persoas con discapacidade intelectual acollidas no Centro Asistencial San Pablo e San Lázaro de Mondoñedo, que terá lugar na Alameda dos Remedios, próxima ao centro. Esta xornada, coa que se inicia o programa do Mes do Voluntariado de Alcoa San Cibrao, conta co respaldo da Fundación Alcoa, que por cuarta vez dona 3.000 dólares a esta entidade sen ánimo de lucro como mostra do respaldo da compañía á acción solidaria dos seus empregados.
As persoas acollidas no centro, co apoio dos voluntarios de Alcoa e da residencia, participarán en diversos xogos ao aire libre. A agrupación cultural Saiñas de Xove interpretará varias pezas musicais para animar e dar a nota festiva ao evento, que concluirá cunha merenda dentro da residencia San Pablo e San Lázaro.
O objetivo desta iniciativa é ofrecer ás persoas con discapacidade intelectual unha xornada de ocio alegre e divertida, que rompa coa súa rutina cotiá, unha oportunidade para relacionarse con persoas e actividades externas ao centro asistencial, favorecer a súa integración social, fomentar a cooperación e o mutuo coñecemento e compartir a experiencia.
Do mesmo modo, os voluntarios de Alcoa conviven e comparten o seu tempo, valores e habilidades con estas persoas, favorecendo que se coneza a realidade do centro e das persoas que residen nel, contribuíndo así a sensibilizar á sociedade e dar máis visibilidade ás persoas con discapacidade intelectual. Os voluntarios de Alcoa veñen colaborando con este centro desde fai anos, desenvolvendo actividades para os internos, coma unha ruta campestre a cabalo, xornadas de xogos e de xardinería.
O Centro Asistencial “San Pablo e San Lázaro” de Mondoñedo, xestionado pllas Hijas de la Caridad de San Vicente Paúl, conta na actualidade con 49 residentes con discapacidade intelectual de distintos grados que, pola súa condición persoal, requiren de apoios extensos para levar a cabo unha vida o máis normalizada e autónoma posible e mellorar a súa calidade de vida.
Con esta actividad, os voluntarios da fábrica de Alcoa en San Cibrao inician este ano o programa de actividades do Mes do Voluntariado que a compañía celebra en todo o mundo no mes de outubro e no que se intensifican as actividades solidarias dos traballadores.
Fundación Alcoa susténtase dos seus propios activos financeiros e non dos beneficios de Alcoa. O seu principal obxectivo é mellorar a calidade de vida nas comunidades nas que a compañía está presente. Alcoa promove e respalda o voluntariado solidario e a acción social na comunidade dos seus empregados, para o que conta con programas específicos, os plans Acción e Bravo.




















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



