Co día sen coches remataba este domingo a Semana da Mobilidade. A concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, fixo unha valoración moi positiva da mesa e subliñou “o éxito absoluto un ano máis do circuíto de karts, no que houbo unha participación moi elevada todos os días. Tamén reuniu a moita xente a xornada de onte tanto durante a celebración da xincana como nos xogos deportivos ao aire libre. Ademais moitos nenos aproveitaron o bo día que fixo para sacar as bicis á rúa e disfrutar do día sen coches”. A edil popular dixo que “tamén tivo moi acollida o stand do Mellor de cada casa, así coma a portería inchable do Burela FS. Grande éxito de participación houbo tamén na merenda, doada pola ACIA de Burela”. A concelleira de Medio Ambiente tivo palabras de agradecemento para “todas e cada unha das asociación que colaboraron con nós durante esta Semana da Mobilidade, así coma aos CEIPs e IES e aos traballadores do Concello que, con grande esforzo, organizaron a Semana da Mobilidade”.






















Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



