María José Nóvoa Rodríguez.- A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña” conmemora un ano máis o Día Mundial da Saúde Mental, que este ano leva por lema “Alternativas fronte á crise. O valor dos nosos dereitos”.
Con esta frase, dende o movemento asociativo queremos expresar que non estamos dispostos a renunciar ao dereito a recibir una asistencia adecuada, tanto social como sanitaria, pese á difícil situación económica actual.
Para a Asociación “A Mariña”, integrada en Feafes Galicia, existen alternativas para manter esta atención de calidade a través da detección precoz, a continuidade nos tratamentos e o apoio á autonomía, que como inversión, reducen a medio prazo costes para as Administracións Públicas. Cómpre ter en conta que en Galicia hai máis de 41.000 persoas con certificado de discapacidade por enfermidade mental.
Ante esta situación económica, é fundamental manter os apoios a todas as persoas con discapacidade e as súas familias, en particular aquelas cun trastorno mental.
Así, para conmemorar o día Mundial da Saúde Mental, e xusto un día despois da inauguración da Unidade Residencial sita en Cervo, colocaremos unhas mesas informativas en distintas localidades da comarca de a mariña, concretamente, en San Ciprián, Cervo, Burela e Ribadeo.
Estas mesas estarán colocadas de 10:00 a 14:00horas e nelas darase información dos diferentes recursos que ten en funcionamento a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña”.
A Directora Técnica Xeral de “A Mariña”, María José Nóvoa, destaca que este día e moi importante para visibilizar o colectivo, loitar contra o estigma e seguir traballando pola mellora da calidade de vida de tódalas persoas con enfermidade mental e as súas familias.
María José Nóvoa Rodríguez
Directora Técnica Xeral de “A Mariña”