A Mariña, 24 de outubro de 2013. A Plataforma de Emigrantes Retornados da Comarca da Mariña continúa coa súa axenda de mobilizacións para reclamar ao Goberno do Estado a anulación das sancións impostas pola Axencia Tributaria por non ter declarado as pensións que reciben os emigrantes retornados desde outros países desde o 2008 e para reclamar un cambio lexislativo. Así, a próxima concentración celebrarase o vindeiro mércores, 29 de outubro, ás 11:00 horas, diante da delegación da Axencia Tributaria en Foz.
Segundo explican desde a Plataforma de Emigrantes Retornados da Mariña “o día 29, a xestora vai rexistrar, na oficina da Axencia Tributaria de Foz, un documento dirixido ao Ministerio de Facenda no que se recollen todas as nosas reivindicacións e os puntos básicos coa intención de paralizar o que consideramos unha estafa do Goberno do Estado”.
Nos últimos meses este colectivo comezou a recibir requirimentos da Axencia Tributaria para que declaren as cantidades percibidas durante o ano 2008 en concepto de pensións no estranxeiro coa finalidade de proceder á regularización, ou no seu caso, formulación da declaración sobre o imposto das persoas físicas correspondente ao exercicio de 2008. Estes requirimentos, que tamén indican a obriga de realizar esta actualización en relación cos exercicios de 2009, 2010 e 2011, afectan a milleiros de persoas pensionistas retornadas de todo o país.
“Os afectados e afectadas nunca recibirmos información en relación coa súa obriga de declararen as contías das pensións percibidas no estranxeiro. Existía un total descoñecemento da obriga de facer esa declaración anual do IRPF, o que confirma a falta de intencionalidade ou de defraudar por parte de todos nós, e que se apoia co feito de os estados pagadores nunca nos expediron certificación algunha en relación coas cantidades percibidas.Con estes antecedentes resulta sorprendente que, cinco anos máis tarde, recibamos este tipo de requirimentos por parte da Axencia Tributaria coa advertencia dunha posíbel sanción por non teren cumprido con obrigas tributarias que descoñecían. E cando os evasores fiscais se benefician de amnistías, constitúe unha auténtica inmoralidade a simple ameaza dunha sanción a traballadores e traballadoras emigrantes retornados”, precisan desde o colectivo mariñán.
Neste sentido, a Plataforma de Emigrantes Retornados da Mariña esixe a revisión dos convenio marco con outros Países para evitar que situacións deste tipo poidan volverse a producir, así como unha modificación lexislativa que fixe un mesmo réxime do IRPF, con independencia de se estas proceden dun Estado ou de varios Estados.
Por todo o exposto, o colectivo convida a todos os veciños e veciñas da Mariña a que participen nesta mobilización convocada para loitar contra o que consideran un atraco do Ministerio de Facenda, unha situación que só a presión xudicial, xunto á vía xudicial, poden paralizar.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



