Lugo, 29 de outubro de 2013. A delegada territorial, Raquel Arias, explicou este martes que a Consellería de Traballo e Benestar investiu 2,2 millóns de euros para contratar a 374 traballadores desempregados nos municipios da provincia a través dos Programas de cooperación. A través deste plan, a Xunta sufraga os custos salariais das persoas empregadas e son os concellos os que propoñen e realizan os contratos, segundo as súas necesidades.
Arias sinalou que a Xunta prioriza a contratación de persoal para os servizos sociais e de emerxencias dos concellos. De feito, afirmou, “grazas a este programa os concellos poden ofertar servizos que doutro xeito serían moi difíciles de asumir pola administración local”. Neste sentido, engadiu que a Xunta “é a única administración que axuda aos concellos para a contratación dos socorristas”, sufragando este ano os salarios de 112 profesionais encargados da vixilancia e salvamento en praias e piscinas, 84 deles nos arenais da Mariña.
Así mesmo, moitos concellos dependen destas axudas para engrosar as brigadas dedicadas ao acondicionamento e mellora de espazos e bens públicos, que atenden a tarefas que van dende a limpeza de edificios e rúas ata o coidado de áreas fluviais e recreativas ou o desbroce de pistas e camiños. Tamén destinan un bo número destes contratos a atender servizos relacionados co ocio, a cultura e o turismo.
Algunhas das contratacións que se subvencionan están destinadas á incorporación laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero, que teñen prioridade absoluta para acceder aos postos de traballo xerados mediante os Programas de Cooperación.
A delegada tachou de “lamentable e sorprendente” que “á vista das vantaxes que ten este plan, a Deputación de Lugo rexeitara asinar o convenio que facilitaría un posto de traballo a 50 persoas desempregadas en Lugo durante un período de medio ano”.
A delegada lembrou que a Consellería de Traballo e Benestar propuxo ás catro deputacións galegas un acordo para colaborar tanto no relativo aos servizos sociais comunitarios como ás políticas activas de emprego. As demais asinaron o convenio e puxeron en marcha iniciativas neste sentido.
“Como sempre -destacou Arias-, a Deputación de Lugo negouse a colaborar coa Xunta e non asinou o convenio. Isto paréceme lamentable, e non deixa de resultar unha mostra de deixadez e un exemplo irresponsable da Deputación de Lugo, que por cuestións meramente ideolóxicas négase a aceptar un convenio para promover o emprego para persoas sen traballo en Lugo”.
Ante a negativa da Deputación, a Xunta asumiu a xestión íntegra do plan porque “non iamos consentir que pola súa irresponsabilidade quedase a provincia sen estes recursos”, segundo asegurou a delegada.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



