O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, desprazarase o vindeiro domingo 13 de outubro a Os Oscos (Asturias) para facer a Ruta A Coba en Santa Eulalia de Oscos. A ruta circular de 15 km e de dificultade media, ten a saída e a chegada na aldea de Ferreira, unha aldea totalmente rehabilitada e na que se pode admirar a arquitectura tradicional da comarca. Esta é a ruta máis representativa de Os Oscos, pois combina toda as caracteristicas da Comarca: camiños cubertos de centenarias parras de uvas, soutos e bidueiros que deixan grandes claros que permiten ver o canón do río Agüeira. A saída dende Xove está prevista para as o8:00 horas.
