Ribadeo, 4 de outubro de 2013. Marca Persoal, Ámbito 2.0 e Novas Tecnoloxías únense en Mira.Me, unha pioneira iniciativa de dinamización do emprego en Ribadeo, que levan adiante as Concellarías de Mocidade e Desenvolvemento Local.
Desde estas delegacións sinalan que “se unha imaxe vale máis que mil palabras… esa é sen dúbida a máxima coa que estes días traballan os alumnos de Mira.Me, a primeira edición do curso de Marca Persoal 2.0 que puxo en marcha o pasado mes de xuño o Concello de Ribadeo”. E lembran que “o programa Mira.Me, conta con dúas fases complementarias que permitiu aos alumnos desenvolver un programa de formación continua para a optimización dos recursos 2.0 e a xestión da súa presenza on line durante varios meses. Nunha primeira fase desenvolvida dende o mes de xuño os alumnos participantes, da man de Verónica Ramallal (Pekecha), aprenderon a descubrir os valores e atributos diferenciais que lles poden axudar a diferenciarse no competitivo mercado laboral. Unha vez descubertos e definidos os seus trazos máis significativos e destacables de cara á súa promoción profesional os participantes no programa iniciáronse a aprendizaxe da xestión da súa marca persoal na rede, as principais redes sociais e portais para a busca de emprego así como a forma de optimizar a súa presenza nestas”.
Desde as Concellarías de Mocidade e Desenvolvemento Local seguen a relatar que “posteriormente, mediante titorías individuais e o deseño dun itinerario personalizado, os alumnos desenvolveron sobre a base de todo o aprendido o guión do que será en breve a súa carta de presentación audiovisual: o seu vídeo currículo. Durante estes días, co asesoramento e a incorporación á parte técnica d El Farero, Colectivo Audiovisual, os participantes do programa Mira.Me, están xa metidos de pleno na última fase do programa, coa gravación das súas pezas audiovisuais. Nel están implicados ademais, varios axentes da vila, axudando a dinamizar o ámbito local: veciños que participan como extras, establecementos que ceden as súas instalacións para a gravación… Trátase dunha novidosa e pioneira iniciativa piloto na zona que está a ter moi boa acollida. Unha vez finalizados os vídeo currículos, e de forma posterior á súa presentación oficial, estes subirán á páxina oficial que se creará para o proxecto co fin de levar a cabo a súa difusión e con miras a que o proxecto poida ampliarse no futuro”.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



