Lugo, 15 de outubro de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo, e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga vén de reunirse coa presidenta da Asociación para a Loita na Contra das Enfermidades Renais de Lugo (ALCER-LUGO), Carmen Berta García Abelairas, para asinar un convenio de colaboración,mediante o cal a institución provincial aporta 5.000 euros; cantidade coa que a devandita asociación poderá contratar un servizo de transporte para ofrecer o tratamento de hemodiálise.
Grazas a esta colaboración da área de Benestar Social da Deputación de Lugo, ALCER-LUGO poderá seguir camiñando na consecución dos seus fins, como son o desenvolvemento de estratexias solidarias para que se poidan acadar equilibrios interterritoriais en calidade e servizos, así como a mellora da situación das persoas con enfermidades renais ou con discapacidade así como das súas familias, favorecendo a integración e a normalización persoal, familiar, social e laboral.
Antonio Veiga, destacou a necesidade deste servizo de transporte “dado que os doentes afectados por este tipo de enfermidades vese na obriga de ter que someterse a tratamento en unidades de hemodiálise tres veces por semana durante catro ou cinco horas por sesión, o que supón unha serie de dificultades de cara a normalizar a vida social, laboral e a familiar propiamente dita”.
“Ademais, – continuou o vicepresidente- hai que ter en conta que a maioría dos concellos da provincia de Lugo caracterízanse por ter unha alta dispersión xeográfica, de maneira que cobra unha maior importancia a existencia dun sistema de transporte adecuado que faga posíbel que todas as persoas afectadas por enfermidades renais, independentemente do medio no que vivan, poidan recibir o tratamento axeitado da forma menos custosa e rápida posíbel”.
Para Antonio Veiga, esta é unha mostra do compromiso da Deputación lucense co benestar e a saúde de todas as persoas con independencia da enfermidade que padezan. “Mentres o Partido Popular penaliza aos enfermos, principalmente aqueles que sofren doenzas graves como cancro, esclerose ou hepatite C, aos que obriga a copagar as menciñas que reciben da farmacia hospitalaria en dispensación ambulatoria, desde a Vicepresidencia tratamos de que ningunha persoa quede sen o seus tratamento por razóns económicas ou de mobilidade. A crise non pode servir para expulsar do sistema sanitario ás persoas que máis necesitan de coidados e tratamentos axeitados. As prioridades do Partido Popular á hora de gobernar nada teñen que ver coas que temos nesta institución provincial. O Goberno da Xunta e do Estado gobernan obsesionados polo control do déficit e da falsa austeridade, pola contra, na Deputación de Lugo, a prioridade son as persoas, a súa saúde e o seu benestar”.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo traballa a prol da igualdade no acceso á sanidade e ao benestar social, algo que contrasta coas políticas que están a exercer os populares tanto desde a Xunta de Galiza como do Goberno do Estado; e esta colaboración coa Asociación para a Loita na Contra das Enfermidades Renais de Lugo é boa proba do labor que desenvolve a institución provincial neste senso.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.



