Con motivo da celebración do décimo aniversario da nova era do equipo de fútbol sénior das ED. Lourenzá, algúns dos xogadores máis veteranos organizan unha cea-baile coa que pretenden xuntar vellas glorias do equipo dos 80 con xogadores desta última década, afeccionados, rapaces das categorías inferiores e calquera persoa que teña ganas de pasar unha boa noite nun ambiente agradable. A cea terá lugar no recinto feiral de Lourenzá o vindeiro sábado 16 de novembro a partires das 21.30 horas, e as entradas pódense mercar en calquera dos bares da vila ata o día 10 de novembro. Os prezos son: 22 euros para adultos, 10 para nenos entre 6 e dez anos, e gratuíto para os menores de 6 anos. O menú estará composto por sopa, cocido, postre, café e chupito; e os organizadores teñen preparadas moitas sorpresas e agasallos, ademais de xogos para os pequenos (8 da tarde) e maiores (despois da cea). Con esta iniciativa buscan recadar fondos para o equipo e tamén agradecer a todos aqueles que cada fin de semana están nos seus partidos. Por isto, animan a xogadores e adestradores que formaron e forman parte do equipo sénior a xuntarse cos afeccionados e divertirse na súa compañía.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



