O próximo venres 18 de Outubro terá lugar a representación teatral da obra “Non son D’acó (nin D’acolá)” da compañía Do Miolo e Cía, enmarcada dentro do Circuito Buxiganga e que dará fin ao programa de Teatro de Outono do colectivo. A obra representarase o venres 18 de Outubro ás 21:30 no Auditorio da Casa da Cultura de Burela. A entrada será de balde para as persoas asociadas ao colectivo Buril e para os menores de 14 anos, e de 2 € para o resto das persoas. A obra sitúanos en Pena da Moura, desolada terra que vén ser a herdanza de Lola, que leva vinte anos en Bos Aires levando, morriñenta, o quiosco que montaran os seus defuntos pais, á porta do estadio de Boca Juniors, e tocando o contrabaixo nun grupo de Tango. Coa escusa de amañar os papeis da súa herdanza, Lola convence os seus amigos para vir a Galiza a gravar un disco.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



