O Vila do Val, en Ferreira do Valadouro, acolle este venres 18 de outubro unha cea con espectáculo ed maxia a partir das dez da noite. O protagonista será o Mago Teto, que tene unha longa carreira profesional no mundo da maxia e da ilusión. O menú, cun prezo de 25 euros por persoa, inclúe os seguintes pratos: de entrantes, Conjuros del Val (mini tostas de xamón ibérico e de gambas con pementos do piquillo); de primeiro, Paño de Brujas (crepes recheas de bechamel con grelos e crepes recheas de tapenade; de segundo, Embrujo de Cerdo (solombo de porco en guarnición); e de sobremesa haberá unha selección de doces caseiros. Para beber ofrecerase auga mineral, viño rosado Gran Feudo, café, infusión e licores. Para os nenos de ata 12 anos hai un menú especial cun prezo de 10 euros. Para asistir a esta cea espectáculo é obrigatorio reservar no propio hotel Vila do Val ou chamando ao teléfono 982 57 16 53. O aforo é limitado e a distribución de mesas farase por orde de reserva.
Cea con espectáculo de maxia no Vila do Val