Xove acollerá unha xornada sobre Certificación forestal FSC baixo o título “¿Quieres más rentabilidad para tu monte?”. Celebrarase este xoves 31 de outubro no Salón de Actos do Concello de Xove ás 20:00 horas. O seu programa recolle: recepción e presentación para a posterior charla ¿Qué es FSC? Certificación de la gestión forestal y la cadena de custodia. Importancia mundial y ventajas reales en Galicia (certificación en grupo GF/CdC) que se desenvolverá entre as 20:15 horas e as 20:45 da man de Marcos Estévez, Técnico de FSC España. Posteriormente Noemí García, directora do Grupo de Certificación Forestal FSC “Propietarios das Mariñas” falará do grupo, deberes e vantaxes dos membros e como adherirse, entre as 20:45 a 21:30 horas. Ata as 22:00 horas, hora de remata da xornada, abrirase un tempo de preguntas.
Charla sobre cerficación forestal PSC en Xove
Charla sobre cerficación forestal PSC en Xove
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura