O Burela FS Pescados Rubén B disputará este sábado o seu primeiro derbi comarcal, na casa do Superti A Pontenova, ás 16.00 horas.
Ambas as escuadras chegan á cuarta xornada de Terceira División moi igualadas: 3 puntos para os locais, con dúas derrotas lonxe da casa (O Carballiño 4-3 e Santiago Futsal 6-1) e unha vitoria (5-2, Pazos de Borbén) e 4 puntos para os laranxas, cun empate (Santiago Futsal 2-2), unha derrota (Troula FS 1-3) e un triunfo (A Estrada FS 3-2).
Os pupilos de Iván Cao, Lucas, pelexarán por darlle continuidade aos tres puntos da última semana. “Será un partido duro, non só por todo o que implica un derbi, senón tamén pola calidade do contrario, con xogadores de experiencia en categorías superiores” adiantaba o técnico. O adestrador laranxa móstrase moi contento co traballo do equipo, aínda que cre que os resultados non acompañan como deberían: “O marcador non está reflectindo todo o noso traballo sobre a pista. Creamos moitas ocasións de gol que non somos capaces de materializar e acabamos sufrindo” sinalaba así o técnico a materia pendente que se debe corrixir nas filas burelistas para “dar a cara nunha liga que nesta tempada deu un salto de calidade, cun gran nivel, na que calquera rival che pode poñer as cousas difíciles”.
Antón Couto, que cumprirá o terceiro partido de sanción, e Bruno de Nois, na enfermería, serán as ausencias de Lucas, que xa desexa “o seu rápido regreso para gañar sobre todo en ritmo coa ampliación das rotacións”. Tampouco estará Carlitos, comprometido para a cita do equipo sénior fronte ao FC Barcelona. Javi e Antón González reencontraranse nesta xornada cos seus anteriores compañeiros.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
