O Burela FS Pescados Rubén defenderá mañá, na quinta xornada, o coliderado de Primeira con duelo galego. O Viaxes Amarelle esperará as laranxas na Sagrada Familia (A Coruña), ás 18.45 horas.
Para ambos será xa o terceiro derbi irmandiño da tempada. Fronte ás mariñás, que chegan compartindo a primeira praza co Atlético de Madrid Navalcarnero (10 puntos), o Amarelle sitúase no ecuador clasificatorio con 6 puntos, froito precisamente das vitorias galegas (1-0 Cidade das Burgas -1ª xornada-, 2-3 Poio FS -4ª xornada-).
Será un duelo atípico, con ausencia dos técnicos en ambos bancos, tras as expulsións da última xornada de José Carlos Martín, Chipi, con 2 partidos de sanción, e de Quico Otero, amoestado con 3 encontros. Nas filas locais tampouco estará a goleadora Patri. Desde Burela, haberá que esperar ao último adestramento, esta tarde, para pechar a convocatoria; a expedición partirá da Mariña o sábado ás 15.30 horas.
“Defender ben, non precipitar contras do rival e finalizar as ocasións” son as tres premisas coas que viaxará o equipo de Quico Otero a terras herculinas para impoñerse a un rival que o adestrador laranxa define como “un equipo con boa defensa, moita corpulencia, que deixa poucos ocos para que entre o rival e reacciona ben en contraataque”. Pola súa banda, o técnico coruñés prognostica igualdade: “Será un partido parello. Quizás marque o desenvolvemento quen se adiante. Creo que será un encontro de poucas ocasións e gañará o que menos erros cometa na circulación de balón”.
Coruñesas e mariñás xa se viron as caras en pretemporada con vitoria 2-3 para as laranxas.
























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
