A Mariña, 2 de outubro de 2013. A Asociación de Emigrantes Retornados da Mariña celebra o xoves 3, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Cenima de Foz una xuntanza cos representantes institucionais da Mariña a fin de achegarlle a súa problemática e as súas reivindicacións. A esta segunda xuntanza o colectivo convoca aos alcaldes e aos Portavoces Municipais dos Concellos de Foz, Burela, Alfoz, Ferreira, Lourenzá, Mondoñedo e Riotorto. Na mesma, os representantes dos afectados farán entrega dun documento coa súa análise da situación na comarca e coas súas propostas.
A Asociación de Emigrantes Retornados da Mariña como xa fixo na reunión celebrada o mércores 2 en Ribadeo con outro grupo de representantes institucionais da zona volveu a demandar dos presentes en primeiro lugar manifestar o apoio de cada concello aos veciños e ás veciñas beneficiarias de pensións percibidas no estranxeiro afectadas pola reclamación da Axencia Estatal Tributaria. Na mesma liña demandan do Goberno do Estado, con carácter urxente, a anulación de todos os expedientes sancionadores instruídos pola Axencia Estatal Tributaria e que se lles notificaron nos últimos meses a persoas beneficiarias galegas de pensións no estranxeiro por non tributaren por estas cantidades nos exercicios a partir do ano 2008, tendo en conta o absoluto descoñecemento que tiñan desta obriga tributaria. Asemade solicítase facilitar a regularización da situación do período 2008/2012 sen fixar para as persoas que se atopen nesta situación nin recargos, nin intereses de demora. Na mesma liña esíxese o inicio dunha campaña de información a todas as persoas afectadas das súas obrigas tributarias futuras, anulando os requirimentos relativos aos exercicios comprendidos entre os anos 2008 e 2012. Xa por último, reclaman a revisión dos convenios marco con outros países para evitar que situacións deste tipo poidan volver a producirse no futuro e unha modificación lexislativa que fixe un mesmo réxime do IRPF con independencia de se estas proceden dun Estado ou de varios Estados.
Os representantes do colectivo destacaron que que estas persoas nunca recibiron ningún tipo de información en relación coa súa obriga de declararen as contías das pensións percibidas no estranxeiro. Existía un total descoñecemento da obriga de facer esa declaración anual do IRPF, o que confirma a falta de intencionalidade ou de defraudar por parte destas, e que se apoia co feito de que os estados pagadores nunca lles expediron ningunha certificación en relación coas cantidades percibidas. Con estes antecedentes resulta sorprendente que, cinco anos máis tarde, reciban este tipo de requirimentos por parte da Axencia Tributaria, coa advertencia dunha posible sanción por non teren cumprido con obrigas tributarias que descoñecían. E cando os evasores fiscais se benefician de amnistías, constitúe unha auténtica inmoralidade a simple ameaza dunha sanción a estas persoas, traballadores e traballadoras emigrantes retornadas.
Desde o mes de febreiro veñen mantendo reunións coa Axencia Tributaria sen que se obtivesen resultados concretos, agás a posibilidade de ampliación de prazos para o pago das declaracións complementarias. Porén a única saída a esta situación é que o Goberno do Estado anule todos os expedientes sancionadores e que se inicie unha campaña para informar adecuadamente ás persoas pensionistas afectadas das súas obrigas tributarias futuras, obviando os exercicios do período 2008-2012. Esta medida é a única razoable e xusta tendo en conta a inexistencia de información e a ausencia de responsabilidade e, polo tanto, de vontade de fraude por parte destas persoas.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



