Esta obra tivo por obxecto a reforma e mellora dun vial en Vilachá, na Parroquia de Portocelo, así como a reposición dos muros de mampostería existentes por compensación de cesión de terreo. Dentro da obra, a intervención máis importante foi a creación nunha das marxes do vial dun muro escolleira de pedra, duns 3 metros de altura, en toda a súa extensión, o que lle dá unha gran unicidade á obra. Na propia construción da escolleira, sinalar a integración dun cabazo existente, o cal se recuperou e encardinou perfectamente no conxunto da intervención.
A obra incluíu tamén a renovación do saneamento de pluviais, con novas arquetas e as canalizacións correspondentes. Por último, dotouse ao vial en toda a súa extensión dun novo aglomerado.
Outro obxectivo desta obra, ademais de ampliar e mellorar os accesos, foi o de integrar a obra no entorno, constituído por casas tradicionais de pedra, típicas da zona, de aí que o material máis empregado, loxicamente, fose a pedra. Pois ben, este obxectivo cremos que foi conseguido plenamente. Ademais hai que reseñar que a intervención realizada polo Concello serviu de estímulo e acicate aos veciños, os cales, pola súa parte, realizaron tamén obras de mellora nas súas casas (pintado de fachadas) e o seu entorno (reparación e integración de muros, etc.), o que contribuíu inda máis a darlle unha estética única a toda a zona. Podemos, polo tanto, falar dunha rehabilitación integral desta área, sumándose a intervención veciñal á intervención municipal.
O investimento nesta obra foi de 57.570 €, aos que hai que engadir o custo do aglomerado, o cal formou parte dun proxecto de aglomerados de varios viais do Concello.



















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



