Espazo Ecosocialista resume en 59 propostas as propostas de resolución que trasladara ao Grupo Parlamentar de AGE para o debate do Estado da Autonomía.
Estas iniciativas de Espazo serán vistas polo Grupo Parlamentar, xunto coas trasladadas polos outros partidos da coalición e pola cidadanía para sintetizar en medio centenar as propostas a presentar no marco do debate do estado da autonomía.
As resolucións se dividen en tres bloques temáticos: Radicalidade Democrática e Liberdades, Sustentabilidade e Políticas Sociais e do Ben Común son, segundo o criterio de ecosocialistas, o que abarcan as axendas centrais que lle afectan á xente do común
Estas propostas recollen as diferentes iniciativas que durante o anterior período de sesións Espazo Ecosocialista trasladou ao parlamento galego por medio de AGE e algunhas que fará no actual período de sesións.
No primeiro Bloque sobre Radicalidade Democrática e Liberdades destacan as referidas á desafección política – carta de dereitos da cidadanía, control e limitacións ao poder dos partidos políticos e supresión das deputacións –
Neste mesmo apartado tamén están os temas que teñen que ver coa cultura da paz, como o impulso a propia lei de fomento da cultura da paz ou os temas referidos coa memoria histórica.
Temas de liberdades no campo da comunicación o de dereitos afectivos e de xénero das persoas, como o recoñecemento dun novo xénero sexual ademais do xa recoñecido home-muller.
No apartado de Sustentabilidade destacan os referidos a novos modelos enerxéticos e a loita contra o cambio climático.
En temas de transporte, ecosocialistas, volve a demandar un plano galego de mobilidade sustentable, un plano de modernización de transporte ferroviario que se centre na comunicación interna e unha rede básica ciclista galega.
Para ecosocialistas as propostas ecolóxicas son un elemento clave para a saída da crise por iso formulan un programa intensivo de creación de emprego público verde e un Programa de Imposición Fiscal Autonómica Verde
Residuos, reordenación do territorio, incendios ou traslado de ENCE, así como declarar o territorio da Comunidade Autónoma libre de fracking, son outras das propostas formuladas.
No Bloque de Políticas Sociais e do Ben Común a creación de emprego por medio de un plano global con respecto ao tema, un pacto nacional polo emprego ou un plano sectorial para a mocidade son elementos centrais, ao igual que o é o aumento de partidas destinadas ao desenvolvemento de plans de I+D+i.
Importancia central nas propostas dos ecosocialistas esta os temas centrados no reparto do traballo e da Renda Básica Universal. Así como a creación dunha banca pública galega é unha ferramenta clave para a dinamización económica.
Os temas referidos a defensa e mellora do ensino e da sanidade públicas son elementos centrais das propostas.
Igualmente ecosocialistas cre que a Xunta de Galicia debe tomar medidas para priorizar a utilidade social da terra.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



