O hotel restaurante Vila do Val, de Ferreira do Valadouro, organiza esta fin de semana Love Story, que inclúe cea especial á luz das candeas este sábado e aloxamento (en habitación superior con decoración especial, detalle de benvida, xantar buffet e saída ás dúas da tarde do domingo) para que as parellas revivan a súa historia de amor. Todo iso por 65 euros, IVA incluído. O menú da cea está composto por tosta de pementos de piquillo recheos, pasta nido con lagostinos en salsa americana, escalopíns ao oporto con guarnición de setas e crepes flameadas. Tamén inclúe viño rosado Gran Feudo, auga e pan. As reservas poden realizarse no propio hotel Vila do Val ou chamando ao teléfono 982 57 16 53.
Fin de semana Love Story no Vila do Val
Fin de semana Love Story no Vila do Val
Relacionado
-
Concerto inaugural do novo alumeado da Catedral de Mondoñedo
-
Presentación de “Cartas na escuridade”, de Lois Pérez, en Ribadeo
-
O Concello de Cariño abre o prazo para inscribirse no campamento ‘Concilia Cariño Verán’, unha alternativa de lecer educativo que ten como obxectivo axudar á conciliación familiar durante as vacacións escolares de verán