Ribadeo, 7 de outubro de 2013. O presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, salientou este luns os 48.175 euros que destina a vicepresidencia da Xunta de Galicia ao Concello de Ribadeo para levar a cabo iniciativas encamiñadas a evitar a discriminación das mulleres.
“A Vicepresidencia da Xunta de Galicia achega para a elaboración do segundo Plan de Igualdade e Oportunidades para as Mulleres (PIOM) 1.000 euros; para a iniciativa Ribadeo, unha vila para a conciliación, 3.800 euros; e para o Centro de Información á Muller (CIM) de Ribadeo a achega da Xunta é de 43.375,04 euros”, explicou López Penabad.
O presidente do PP ribadense destacou que “queda de manifesto, como noutras ocasións, que a Xunta de Galicia segue apostando por Ribadeo e pola Mariña, porque outros concellos da zona tamén recibiron este tipo de axudas para intentar eliminar calquera tipo de discriminación para a muller.
É patente e evidente que seguimos recibindo achegas da Xunta de Galicia en Ribadeo, como todos os outros concellos”- concluíu Penabad quen puxo en valor a importancia da cooperación entre Xunta e concellos para traballar a prol da igualdade e rematar con calquer tipo de discriminación.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



