O portavoz do Grupo Municipal do BNG na corporación xovense, Marco López, felicitouse polas axudas que, ano tras ano, o departamento de Benestar Social da Deputación de Lugo vén destinando ao seu concello. Xove é o municipio que máis diñeiro percibe da Vicepresidencia da institución provincial para o Servizo de Axuda no Fogar, “o que demostra unha vez máis o firme compromiso do Bloque Nacionalista Galego cos servizos sociais”, afirmou Marco López. Estas axudas foron concedidas en base a criterios obxectivos nunha mesa técnica formada por funcionarios e representantes dos tres grupos políticos con representación na Deputación.
O voceiro nacionalista dixo non entender a actitude do goberno local, que critica as axudas achegadas desde o goberno do BNG e “aplaude a decisión do PP na Xunta de non dar nin un euro para este servizo fundamental”, sobre todo despois de que, un ano máis, o Goberno galego deixara á marxe do convenio de Servizos Sociais e Comunitarios á provincia de Lugo tras negarse a negociar a súa cofinanciación coa Deputación. Marco López preguntouse que é o que busca o PP de Xove con esa “actitude talibán” e incidiu na xestión transparente e participativa do Vicepresidente Antonio Veiga, que evita que o custo do servizo recaia nos usuarios e usuarias e mantén o emprego de ducias de persoas.
Por esta razón, dende o grupo municipal nacionalista anunciaron a presentación no pleno sinalado para hoxe, 7 de outubro, dunha moción esixindo da Xunta de Galiza o compromiso para asegurar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e o resto de servizos sociais básicos nos concellos de menos de 20.000 habitantes que, coma o de Xove, fican fóra das políticas sociais do goberno de Feijóo. Dende o BNG xovense aseguraron que pretenden “evitar esta clara inxustiza cos concellos pequenos” e, deste xeito, “minguar as repercusións negativas que as decisións políticas e interesadas do PP están a provocar en toda a cidadanía”.



















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



