A Mariña, 26 de outubro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego urxiu una solución urxente e definitiva ao problema que está a provocar na Comarca da Mariña a decisión da Unión Europea coa complicidade e o silencio do Goberno do Estado de non autorizar un aumento na cota da pescada para a flota da Comarca de14.325 toneladas o que está a provocar que arredor de trinta embarcacións tiveran que amarrar cunha incidencia directa de preto de 400 mariñeiros que se atopaban ocupados nestas embarcacións pero que ten a súa repercusión en terra.
Ana Ermida lembrou que “un posto de traballo no mar promedia tres postos de traballo en terra e alén das consecuencias que está a ocasionar esta situación nas tripulacións non podemos esquecer toda a actividade que se xera no sector da exportación do peixe fresco, cadrando o paro da flota precisamente cando os prezos da pescada acadan unhas contías máis razoábeis. É un escándalo que evidencia primeiramente que a Unión Europea opera como unha arma letal para os seitores produtivos galegos, ficando incluso a día de hoxe, cando xa van aló unha chea de anos de integración do estado español espazos vedados para Galiza. En segundo lugar, non deixa dúbida de que Galiza segue a ser moeda de cambio para o estado español na UE, de xeito moi particular cando o que está en xogo é a pesca, actividade económica estratéxica no noso País pero que no Estado non significa nada. E xa por último, tamén pon de relevo que A Mariña opera como pagá, dando a sensación que os responsábeis da Xunta aínda non se deron conta que Lugo ten mar, por máis fechados que teñan a mente esas almas mesetarias de orixe galega”.
A Responsábel Comarcal do BNG quixo puntualizar “a importancia que ten a actividade pesqueira na Mariña, unha importancia que debemos considerar e facer valer diante da Xunta e do Estado porque no caso de non autorizar un aumento na cota da pescada os grandes pagás serían a nosa Comarca e de xeito moi particular a flota e os mariñeiros con base en Celeiro e en Burela. Pénsese que dos 440.534 millóns de euros de peixe vendidos nas lonxas galegas en 2012, 112.997 millóns de euros vendéronse nas lonxas da Mariña, área que xa supera ao Porto de Vigo que vendeu en lonxa 112.116 millóns de euros e de longo A Coruña que se sitúa 71.469 millóns de euros. Xa que logo A Mariña está a cabeza de venda de peixe en Galiza, correspondéndose 64.581 millóns con Burela e 49.907 millóns en Celeiro o que deixa claro a potencia económica do sector. Non podemos deixar pasar por alto que a día de hoxe atópanse parados 40 das 48 embarcacións que se dedican a esta pesqueiría e que se corresponden con 40 embarcacións de palangre de altura e oito de arrastre de fondo cunha potencia media de 316 KW e 492 KW en Abril de 2013. Aclarémonos cada día que pasa a situación só pode ir a peor”.
Ana Ermida destacou que “nun momento no que a principal prioridade de calquera acción de goberno ten que ser a creación e a defensa do emprego non é tolerábel que nos poidamos permitir o luxo que só en empregos directos haxa 400 persoas que perderon o seu emprego pola decisión da UE e a actitude do Estado Español. E algo moi importante, falamos en exclusiva dos empregos en mar, sen ter dúbida algunha que en terra tamén se ten perdido un número importante deles. Pero hai máis porque, se en Abril de 2013 a poboación ocupada na pesca na Mariña chegaba a 1292 persoas, o que significa o 11% do total da poboación activa ocupada da Mariña, estamos a falar que esta decisión por si soa destrúe máis do 30% do emprego no mar. Estamos, en definitiva, diante dunha decisión cun impacto brutal no emprego, posto que de aplicar e dar por boa a comparativa que fan súa a totalidade dos expertos sobre empregos en mar e en terra ligados á pesca, poderíamos estar falando de preto de 1200 empregos perdidos. Aínda así, é hora de urxir medidas e non declaracións para a galería que non só evidencian o descoñecemento dos portavoces do PP sobre o tema, a falta de peso dos seus responsábeis de pesca que son tomados a chirigota nos seu propio partido, senón que é máis grave que a Unión Europea e España viraronse nos verdugos da pesca mariñá”.















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



