Lourenzá, 31 de outubro de 2013. O Concello de Lourenzá anuncia que ata o día 25 de novembro está aberto o prazo de inscrición para participar no programa ‘Xuntos polo Nadal’, para maiores que estean sen compañía nesas datas festivas.
O departamento municipal de Servizos Sociais explica que “está dirixido a persoas maiores que se atopen en situación de soidade e teñan que pasar estas festas sen compañía. Para poder pasar estas datas acompañadas doutras que se atopan na mesma situación. O programa contempla o aloxamento en habitación compartida e manutención en réxime de pensión completa durante 11 días (10 noites), que se computarán desde o momento da saída do lugar de orixe ata a saída do centro no que se leva a cabo”.
A saída realizarase o día 23 de decembro pola mañá e o regreso será o día 2 de xaneiro despois do xantar.
Os requisitos para participar son: ser maior de 65 anos, residir na comunidade autónoma de Galicia, valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia, non estar recollido en ningún centro residencial e ter que pasar só estas datas do Nadal.
Os solicitantes cuns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 euros) asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aqueles cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía cunha achega de 50€.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



