Burela, 15 de outubro de 2013. O equipo de goberno burelés criticou a postura do PSOE no pleno celebrado o pasado xoves en materia sanitaria. Os socialistas non foron quen de votar a favor dunha moción presentada polo equipo de goberno sobre o tratamento dos pacientes de oncoloxía no Hospital da Costa.
O grupo de goberno afirmou que “quedan en entredito aqueles que afirmaban que se ía desmantelar o Hospital de Burela, e que se perderían servizos. A área de xestión integrada vai traer melloras para este centro: hospitalización a domicilio, tratamento de pacientes oncolóxicos con quimioterapia básica, e o plan director do hospital, básico de cara á súa ampliación”.
Os populares pedíronlle ó PSOE que retirase unha enmenda ó respecto, xa que, segundo explicaron: “a abstención socialista é un non ó servizo de oncoloxía básica no hospital, un non que da as costas ós veciños e que só serve como arma política contra a Xunta de Galicia. Semella que o Sr. Llano pide coidados paliativos e hospitalización a domicilio; as súas fontes de información dentro do hospital non o deben informar ben, porque seguramente que non se fían moito del, porque coidados paliativos xa os hai, e a hospitalización a domicilio se está a poñer en marcha estes días”. Desde o equipo de goberno engadiron: “aínda que xa nos ten acostumados a estas cousas, porque sendo alcalde anunciou con toda solemnidade, por dúas veces, investimentos de sete millóns de euros para ampliar o hospital por parte da Xunta bipartita, e nada de nada fixeron. Iso sí, cobra da Deputación para participar en todas as manifestacións contra a política sanitaria da Xunta, será porque, ademais de irlle no soldo, ten que pagar algún tipo de favor”.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
Estivo arroupado nun salón de actos repleto de xente.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.



