Lugo, 1 de outubro de 2013.- O Partido Popular da Mariña lucense lamentou este martes que, unha vez máis, o BNG intente enganar aos veciños da comarca nun asunto tan serio como é a saúde. Din tamén que os nacionalistas xa demostraron a súa pouca credibilidade cando fai tempo anunciaban un falso peche do hospital e que agora pretenden infundir medo sen fundamento entre as persoas enfermas que precisan facer uso de medicamentos vitais para a súa recuperación.
Os populares aseguran con contundencia que é absolutamente falso que o Goberno vaia establecer un copago nas medicinas que se administran nos hospitais. Insisten en deixar claro que os pacientes hospitalizados non pagarán polos medicamentos que reciben durante a súa estancia hospitalaria.
CANCRO DE MAMA, LEUCEMIA OU DE COLON
Así por exemplo, medicamentos como o HAVALEN, para cancro de mama, cuxo custo anual oscila entre os 20.000 e 25.000 euros; ARCERRA, para leucemia linfoide crónica cuxo custo anual é de aproximadamente 40.000 euros; ou CFALTRAC, para cancro colorrectal cuxo custo anual é de aproximadamente 40.000 euros, son de uso hospitalario, é dicir, que os pacientes que os reciban non teñen que facer ningunha achega por eles.
FARMACIA HOSPITALARIA
Os populares aclaran que a medida que entrou en vigor neste mes de outubro refírese unicamente a medicamentos dispensados na farmacia hospitalaria previa receita médica, isto é os que prescribe o médico de cabeceira ou especialista para tratamentos domiciliarios
Esta modificación non é nova. A achega do usuario na farmacia hospitalaria regulouse en decembro de 2012 e o único que se fai e ampliar o catálogo de medicamentos afectado por este sistema.
ACHEGA REDUCIDA
Os populares tamén aclaran que todos estes medicamentos suxeitos a achega do usuario, que se dispensan no hospital para o tratamento nos domicilios dos pacientes, terán todos, sen excepción achega reducida. Isto significa que para todos os casos non se pagará máis do 10% do seu custe, cun tope de 4,20 euros.
Para unha mellor comprensión, o Partido Popular exemplifica este novo sistema explicando que si un medicamento custa 20 euros, o usuario pagará 2 euros. Pero si, como ocorre en moitos casos, o medicamento custa varios miles de euros, o usuario só aportará 4,20 euros como máximo.
A maiores respecto deste copago o Partido Popular lembra que estarán exentos os mesmos colectivos que co resto de fármacos: as pensións máis baixas, rendas integración social e parados de longa duración (case un millón de persoas que antes tiñan que pagar o 40%).
No Partido Popular sinalan que pediuse un esforzo aos cidadáns, pero sempre será un esforzo equitativo, polo que aportan máis aqueles que máis teñen e menos ou nada aqueles que menos teñen.
Lembran finalmente que o novo sistema de achega á farmacia, que entrou en vigor en xullo de 2012, permitiu aforrar nos últimos 14 meses máis de 2.300 millóns de euros.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



